Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba

Caldaloba: “..sacar e levar as pedras para Vilaxoán…”

Transcrición da carta o galego:
Nós Don Alfonso Enríquez pola graza de Deus e da Santa Igrexa de Roma, Bispo de Lugo, sendo informado en como os nosos casares chamados de Taboelle e de Vilar, que son da nosa Igrexa e bispal, e son sitios nas aldeas de Vilar de Taboelle que son o sinal de San Miguel de Orbazay e de Santa María Magdalena de Adai, de moi longos tempos e anos os teñen e tiveron alleados e escondidos os nosos antecesores que estean na Santa Gloria, e non nos arrendaron nin a eles cousa algunha os que así os tiveron e usaron, antes dicían que eran seus de propiedade e así os levaron e posuíron eles e os seus antecesores de longos tempos e anos a esta parte, e así sendo informado como o noso casar de Vilardoye xace en campo e en ermo e as nosas partes que nos pertencen dos caneiros do Porto de Ombreiro e a metade do caneiro chamado María Conteira , os cales están derrubados e danados, por canto os danaron e derrubaron por sacar e levar as pedras deles para Vilaxoán para os tributos, dicindo que danaban e facían dano a Fernándo Ares de Saavedra, que estaba cercado, e tiña e había as outras partes dos caneiros e lle pertencían. E vendo e entendendo como acuso o contido e feito o noso prol e proveito e dos nosos sucesores e a nosa bispal, aforamos e damos en foro a vós Johan de Sant Martino (Xoán López), notario e procurador desta nosa cidade, e á vosa muller, Eynes Lopes (Inés López), e a unha persoa que despois de vós viñese e descendese, os ditos casares e caneiros, con tal condición que vós os saquedes e desalleedes e deliberedes das persoas que así os teñen e usan por seus ás vosas costas expensas, e así  fagades e apostedes o dito casar e caneiros, e así e vós e as ditas persoas nos deades e paguedes, en cada un ano, polos ditos lugares de Vilar e Taboelle unha carga de centeo vós e a dita vosa muller e a outra persoa que despois de vós sucedese no dito foro seis fanegas de pan, de cada un ano,  medido por medida dereita desta cidade de Lugo, e polo dito lugar de Vilardoye cincuenta maravedís de pares de brancas, e polos ditos caneiros trece ducias de anguías correadas e salgadas, en cada un ano. E así vós e a dita persoa despois de vós que teñades todo labrado e ben reparado e abonado en tal maneira que non se perda por mingua de labor e de bo paramento, e así daredes e pagaredes o dito pan e diñeiros e anguías en cada un dos anos ó tempo que se paguen os outros nosos foros, e supoñendo o non pagamento por dous anos este foro anulado e en si ningún. E que cada unha das ditas persoas sexa obrigada de mostrarse ante nós ou ante os nosos sucesores do día que suceda o dito foro ata trinta días logo seguintes, supoñendo a pena de perder o dito foro. E con estas condicións nomeadas aforamos e damos en foro os ditos casares e caneiros. E eu, o dito Johan de San Martino (Xoan López), por min e pola miña dita muller e persoa, así o recibo e me obrigo e a todos os meus bens e delas debo facer e cumprir e pagar segundo o dito é. E nós así vos outorgamos e vos mandamos dar disto unha carta de foro forte e firme, firmada do noso nome e selada co noso selo, e mandada ós nosos mordomos que vos poñan logo e apoderen na posesión dos ditos lugares e caneiros. Que foi feita e outorgada esta carta, dez e nove días do mes de xuño, do ano de mil catrocentos noventa anos. Testemuñas que foron presentes: o señor Álvaro García, chantre desta Igrexa de Lugo, Fernando Díaz de Riba de Neyra, Lopo de Curillos, despenseiro, e Roi Díaz de Riomol, criados do señor Bispo, e outros. E eu Alvar Pérez de Lugo, escribán e notario público polas autoridades apostólica e ordinaria e secretario do dito señor Bispo meu señor, a todo o que susodito é e a cada unha cousa e parte dilo nun coas ditas testemuñas presentes fun o outorgamento deste dito foro, e de mandamento e outorgamento do dito señor Bispo e de pedimento do dito López de San Martiño esta dita carta de foro, segunda ante o meu paso, firmo escrito fielmente por outro, e firmo aquí estes meu nome e sinais acostumados.
1490,xuño, 19.Lugo O bispo de Lugo afóralles ó notario Xoán López, á súa muller e a unha voz os casais de Taboelle e Vilar nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa Maria Madalena de Adai, por renda anual dunha carga de centeo, cincuenta maravedís e trece ducias de anguías. MADRID, AHN, Carp. 1333 F/5, perg. ortx., ga/ego, cortesá, 220 x 325 mm; Cód. 417 B, fs. 121 r. e v.
Descarga da  transcrición:
Bibliografía Portela Silva, María Xosé. Documentos da Catedral de Lugo século XV. Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Transcrito e contextualizado ó galego por Jesús Pena.
TRANSCRICIÓNS
Actualizado: outubro 2021
Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba

Caldaloba: “..sacar e levar as

pedras para Vilaxoán…”

Transcrición da carta ó galego:
1490,xuño, 19.Lugo O bispo de Lugo afóralles ó notario Xoán López, á súa muller e a unha voz os casais de Taboelle e Vilar nas freguesías de San Miguel de Orbazai e Santa Maria Madalena de Adai, por renda anual dunha carga de centeo, cincuenta maravedís e trece ducias de anguías. MADRID, AHN, Carp. 1333 F/5, perg. ortx., ga/ego, cortesá, 220 x 325 mm; Cód. 417 B, fs. 121 r. e v.
Nós Don Alfonso Enríquez pola graza de Deus e da Santa Igrexa de Roma, Bispo de Lugo, sendo informado en como os nosos casares chamados de Taboelle e de Vilar, que son da nosa Igrexa e bispal, e son sitios nas aldeas de Vilar de Taboelle que son o sinal de San Miguel de Orbazay e de Santa María Magdalena de Adai, de moi longos tempos e anos os teñen e tiveron alleados e escondidos os nosos antecesores que estean na Santa Gloria, e non nos arrendaron nin a eles cousa algunha os que así os tiveron e usaron, antes dicían que eran seus de propiedade e así os levaron e posuíron eles e os seus antecesores de longos tempos e anos a esta parte, e así sendo informado como o noso casar de Vilardoye xace en campo e en ermo e as nosas partes que nos pertencen dos caneiros do Porto de Ombreiro e a metade do caneiro chamado María Conteira , os cales están derrubados e danados, por canto os danaron e derrubaron por sacar e levar as pedras deles para Villajuán para os tributos, dicindo que danaban e facían dano a Fernándo Ares de Saavedra, que estaba cercado, e tiña e había as outras partes dos caneiros e lle pertencían. E vendo e entendendo como acuso o contido e feito o noso prol e proveito e dos nosos sucesores e a nosa bispal, aforamos e damos en foro a vós Johan de Sant Martino (Xoán López), notario e procurador desta nosa cidade, e á vosa muller, Eynes Lopes (Inés López), e a unha persoa que despois de vós viñese e descendese, os ditos casares e caneiros, con tal condición que vós os saquedes e desalleedes e deliberedes das persoas que así os teñen e usan por seus ás vosas costas expensas, e así  fagades e apostedes o dito casar e caneiros, e así e vós e as ditas persoas nos deades e paguedes, en cada un ano, polos ditos lugares de Vilar e Taboelle unha carga de centeo vós e a dita vosa muller e a outra persoa que despois de vós sucedese no dito foro seis fanegas de pan, de cada un ano,  medido por medida dereita desta cidade de Lugo, e polo dito lugar de Vilardoye cincuenta maravedís de pares de brancas, e polos ditos caneiros trece ducias de anguías correadas e salgadas, en cada un ano. E así vós e a dita persoa despois de vós que teñades todo labrado e ben reparado e abonado en tal maneira que non se perda por mingua de labor e de bo paramento, e así daredes e pagaredes o dito pan e diñeiros e anguías en cada un dos anos ó tempo que se paguen os outros nosos foros, e supoñendo o non pagamento por dous anos este foro anulado e en si ningún. E que cada unha das ditas persoas sexa obrigada de mostrarse ante nós ou ante os nosos sucesores do día que suceda o dito foro ata trinta días logo seguintes, supoñendo a pena de perder o dito foro. E con estas condicións nomeadas aforamos e damos en foro os ditos casares e caneiros. E eu, o dito Johan de San Martino (Xoan López), por min e pola miña dita muller e persoa, así o recibo e me obrigo e a todos os meus bens e delas debo facer e cumprir e pagar segundo o dito é. E nós así vos outorgamos e vos mandamos dar disto unha carta de foro forte e firme, firmada do noso nome e selada co noso selo, e mandada ós nosos mordomos que vos poñan logo e apoderen na posesión dos ditos lugares e caneiros. Que foi feita e outorgada esta carta, dez e nove días do mes de xuño, do ano de mil catrocentos noventa anos. Testemuñas que foron presentes: o señor Álvaro García, chantre desta Igrexa de Lugo, Fernando Díaz de Riba de Neyra, Lopo de Curillos, despenseiro, e Roi Díaz de Riomol, criados do señor Bispo, e outros. E eu Alvar Pérez de Lugo, escribán e notario público polas autoridades apostólica e ordinaria e secretario do dito señor Bispo meu señor, a todo o que susodito é e a cada unha cousa e parte dilo nun coas ditas testemuñas presentes fun o outorgamento deste dito foro, e de mandamento e outorgamento do dito señor Bispo e de pedimento do dito López de San Martiño esta dita carta de foro, segunda ante o meu paso, firmo escrito fielmente por outro, e firmo aquí estes meu nome e sinais acostumados. Descarga da  transcrición:
Bibliografía Portela Silva, María Xosé. Documentos da Catedral de Lugo século XV. Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Transcrito e contextualizado ó galego por Jesús Pena.
Actualizado: outubro 2021
TRANSCRICIÓNS