Caldaloba
O castelo de Vilaxoán (Caldaloba) non foi obxetivo dos irmandiños
1. En qué consistiu o preito? Foi un preito entre o Arcebispo de Compostela Alonso III de Fonseca e o seu sucesor Juan Pardo de Tabera. A súa importancia radica en que se trata dunha fonte documental para coñecer o patrimonio do arcebispado nos séculos XV e XVI, dos feitos relacionados cos irmandiños e os conflitos señoriais en Galicia.  Segundo a obra  Galicia feudal de Victoria Armesto, todo comezou o 31 de decembro de 1523 cando Alonso de Fonseca e Ulloa foi trasladado a Toledo, ocupando a sé compostelá D. Juan Tabera. Ao chegar a Santiago o novo arcebispo Tabera, encontrou a sé, posesións e numerosas fortalezas compostelás nun estado calamitoso. Ante tal feito, reclamou dez millóns de maravedís ao seu antecesor, Alonso de Fonseca, esixíndolle que reedificase as fortalezas que foran derrocadas. Fonseca, negou en principio contra toda evidencia, os danos ás fortalezas, incluso tivo o atrevemento de asegurar que as deixara en mellor estado que cando as atopara el mesmo.  Así deu comezo o pleito Tabera-Fonseca, que quedou en mans de dous xuíces, o licenciado Simón Rodríguez por Fonseca, e o Dr. Bernal  por Tabera, amén dun terceiro xuíz, o licenciado Santiago (do Consello  do Rei). Os ditos xuíces foron asistidos por técnicos avaliadores (Pedro Muñoz e Juan Gil representando os intereses de Tabera, e o canónigo Joaquín de Auñón e o mestre das obras do claustro de Santiago, Juan de Álava por parte de Fonseca).

Caldaloba: os irmandiños e o preito de Tabera-Fonseca

Alonso III de Fonseca Fonte: Wikipedia
Cardenal Tabera Fonte: Wikipedia
2. O interrogatorio do preito. Seguindo a  “Galicia feudal” de Victoria Armesto, o pleito contou con 96 testemuñas que achegou a defensa de Fonseca, e 87 testemuñas que achegou Tabera. Na súa maioría eran labradores (66), 17 escudeiros, 14 eclesiásticos, 7 zapateiros, 6 pescadores, 5 notarios, 4 rexedores, 3 pedreiros, 2 carpinteiros, 2 prateiros, 1 xastre, 1 ferreiro, , 1 bacharel e 41 sen profesión coñecida.   Tamén interviron nobres de grandes liñaxes galegas que axuizaron dende outra perspectiva as revoltas populares. Varias testemuñas, que falaron das revoltas irmandiñas como fondo da súa nenez ou xuventude, declararon citadas polas dúas partes.  As testemuñas presentadas por ambas as partes prestaron declaración en diferentes audiencias: Santiago de Compostela, Pontevedra, fortaleza da Barreira, Pontedeume, Melide, Lugo, Sarria, Monforte, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Vilaboa. Segundo a obra “Las Fortalezas de la mitra Compostelana y los Irmandiños pleito Tabera-Fonseca” por Ángel Rodríguez González, foron oito testemuñas as que fixeron alusión á fortaleza de Vilaxoán (Caldaloba), e que se mostran a continuación:  Alonso García de Parga  (testemuña, folio 196 v.º)                                                                                                                                                    Bacharel, veciño de Pontedeume, testemuña por parte do arcebispo de Santiago, de 70 anos de idade, e acordándose de sesenta e seis anos mais ou menos, declarou na décima pregunta que se salvaran 3 fortalezas de ser derrocadas polos irmandiños (Pambre, Castroverde e Vilaxoán): “a oído a muchas personas comunmente e lo tiene por cierto (.....) hasta tanto que binieron e se llebantar las hermandades en el año de sesenta y seis e oio dezir que las derrocaran todas quantas fortalezas ubo en el Reino eçepto tres, que son las de Pambre e Castroverde e Vilajoan y que en lo demás en la dicha pregunta contenido, dize el dicho testigo que (folio 200 vº) lo remite a los juezes que han de sentenciar la causa”.  García Mexía (testemuña)                                                                                                                                                              Escudeiro, veciño de Santa Eulalia de Curtis, terra de Fisteus, duns 70 anos de idade e acordándose de 60 anos máis ou menos, aclara como tras levantarse as xentes das vilas (a revolta irmandiña) derrocaron moitas fortalezas a excepción de Pambre, Castroverde e Vilaxoán: “que podra aber sesenta años poco (folio 1369 v.º) mas o menos que en este Reino de Gálizia se llebantaron las gentes de los pueblos y tierras del en boz y nonbre de hermandad y el dicho testigo dize que al dicho tienpo bido que en las çiudades azian sus alcaldes y cadrilleros e diputados porque en la çiudad de Santiago bio ser diputado un Joan Vinagre e en la çiudad de Betanços a Afonso de Carballido e Ruy de Toar e Gonçalo de Vilasuso que todos heran alcaldes de hermandad e Joan Branco, que hera capitan dellos e que por las tierras hazian sus alcaldes de hermandad entre tres o quatro feligresias (....) derrocaran a Guitiriz que hera (folio 1370) de Ares Bazquez de Parga e la fortaleza do Seixo que hera de Gomez Perez das Mariñas e ansimismo oio dezir al dicho tienpo por fama publica que derrocaran otras muchas fortalezas en este Reino de Galizia de señores y caballeros del que no dexaran ninguna por derrocar salbo la del Panbre y a Castroverde y a Vilajoan y que las otras todas fueron derrocadas (...)  Alfonso do Campo (testemuña, folio 1452)                                                                                                                                    Escudeiro, veciño da cidade de Lugo, presentado por Fonseca, de 70 anos de idade e acordándose de 60 anos máis ou menos,  declara que se salvaron 3 fortalezas das revoltas irmandiñas, sendo a fortaleza de Castroverde, Vila Joan e Pambre: “... oio dezir que derrocaran a Monforte de Lemos e a Sarrea que heran del conde de Lemos e este dicho testigo despueslas bio estar derrocadas e que ansimismo oio dezir que derrocaran otras muchas fortalezas de señores, caballeros y perlados del dicho Reino de Galizia que no quedara ninguna salbo Castroverde e Vila Joan e Panbre, e que las otras fortalezas del dicho Reino todas oio dezir que las derrocaran, como dicho tiene, (...)  Diego de Santalla (testemuña)                                                                                                                                                      Escribán da cidade de Lugo, testigo por Fonseca, duns 65 a 66 anos de idade máis ou menos e acordándose duns 55 anos, achega na súa declaración que a fortaleza de Vilaxoán xunto coas de Pambre e Castroverde non foron derrocadas polas revoltas irmandiñas: “... dize este testigo que la oia nonbrar sancta hermandad e dize este dicho testigo que bido que la hermandad de Lugo derrocara mucha parte de la fortaleza de la dicha çiudad e que oyera dezir que las dichas hermandades que en el dicho Reino de Galicia se llebantaran derrocaran todas las fortalezas e casas fuertes ansi de señores y caballeros y perlados del que no quedaran ningunas (folio 1458) salbo el Panbre e Castroverde e Vila Joan e que al dicho tienpo este dicho testigo bio salir de la dicha çiudad los alcaldes y gente de la dicha hermandad que dezian yban a derrocar fortalezas por la probincia de Lugo, pero quel testigo no xe las bio derrocar mas de la de la dicha çiudad de Lugo ....”  Juán de Bascóns (testemuña)                                                                                                                                                        Veciño de Betanzos, presentado como testemuña por parte de Fonseca, confesa ter máis de  90  anos de idade, acordándose de 80, describe moi ben o feito do derrocamento do castelo de Vilaxoán en tempos dos Reis Católicos, despois de finalizar as revoltas irmandiñas, onde o gobernador Acuña asediou a fortaleza ao estar refuxiado Fernán Ares de Saavedra: “A la segunda pregunta añadida dixo este dicho testigo que despues de acabadas las dichas hermandades y en tienpo de los reis don Fernando y doña Ysabel, de gloriosa memoria, bino a este Reino de Galizia por gobernador don Fernando de Acuña, el qual como tal gobernador estubo sobre la fortaleza de Vilajoan que tenia Fernandares de Sabedra al dicho tienpo hasta que la tomó y derrocó e derroco la fortaleza de Pena Frouseira que hera del mariscal Pedro Pardo y prendiera al dicho Mariscal y le cortara la cabeça porque dezian que de aquella fortaleza robaban e que de la dicha pregunta (folio 1348 v.º) esto hes lo que save e mas no “.  Gonzalo García de Baamonde (testemuña, folio 379)                                                                                                                    Clérigo, veciño de Santa Baya de Codeso, acordándose dos feitos acontecidos ata 70 anos. Testemuña por parte do arcebispo de Santiago, alude á fortaleza de Vilaxoán que só foi derrocada polo Gobernador Acuña tras refuxiarse Fernán Ares de Saavedra debido á rebelión de Pardo de Cela, feito posterior ás revoltas irmadiñas: “que no save de fortaleza antigua quel (folio 394) dicho don Fernando de Acuña, Gobernador obiese derrocado salbo la fortaleza de la Pena de la Fronseira que hera de Pedro Pardo al tienpo que lo mando degollar e la de Villajoan porque se le rebelo contra el en la qual hestava Fernandares de Saabedra y de otra fortaleza ni casa antigua el dicho testigo no save que fuese derrocada como dicho tiene”.  Pedro Brión (testemuña, folio 421 v.º)                                                                                                                                            Veciño de San Vicente do Grove, vasalo do arcebispo, de 80 anos de idade pouco máis ou menos e que se acorda ben ata setenta e catro máis ou menos. A dita testemuña tamén describe que a fortaleza de Vilaxoán só foi derrocada polo Gobernador Acuña debido á rebeldía de Pardo de Cela ao Rei: “A las treinta preguntas del dicho ynterrogatorio dijo que bido al dicho tienpo que bino don Fernando de Acuña por Gobernador deste Reino e el dicho testigo lo bido luego a tres días que bino e despues otras muchas vezes e que posava el dicho Fernando de Acuña en Santiago en las casas que fueron del licenciado Carballido e que benia con el licenciado Chinchilla e que el arçediano de Camara le bia biniera de antes e que no derribaran los sobredicnos ningura fortaleza de las de la Sancta Yglesia de Santiago que biniese a notiçia del dicho testigo ni lo oio dezir salbo que oio dezir que derrocaran la Peña (folio 431) Fronseira que hera del Mariscal Pedro Pardo e a Villajuan que hera de Fernandares de Saavedra e que dezian que las derribaran e fizieran derribar el dicho Gobernador porque se llebantaran contra el rey e que no sabe ni oio dezir de otras que fiziesen derrocar e que de la dicha pregunta hesto hes lo que save».  Juan Ares (testemuña)                                                                                                                                                                   Zapateiro veciño da cidade de Betanzos, duns 70 anos de idade, acordándose de 68 pouco máis ou menos. Presentado como testemuña por parte de Fonseca, tamén acalara o feito do derrocamento da fortaleza de Vilaxoán en tempos dos Reis Católicos polo Gobernador Acuña, anos adiante das revoltas irmandiñas: “A la segunda pregunta añadida dixo este dicho testigo que en tienpo de los Reies Catolicos don Fernando e doña Isabel bino a este Reino de Galizia por Gobernador del don Fernando de Acuña e que despues de benido dize este dicho testigo que derroco la fortaleza de Peña Frouseira que hera del Mariscal Pedro Pardo y a el lo prendio e degollo (folio 1358) porque della dezian que robaban e fazian males e oio dezir que derrocara a Vila Joan o la tomara porque no la derrocara de todo”.

3. Alusións ao Castelo de Vilaxoán (Caldaloba) no preito Tabera-Fonseca.

Cabe destacar tamén a cita que dá Edward Cooper na súa obra “Castillos Señoriales en la Corona de Castilla” (1991, editado pola Consejería de Educación y Cultura, Castilla y León), afirmando tamén o feito de que foi unha fortaleza non derrocada polos irmadiños, e que sufriu posteriormente o asedio por parte do gobernador de Galicia Fernando de Acuña ante a resistencia de Fernán Arias Saavedra (ano 1484).  Segundo o licenciado Molina o númer o de fortalezas demolidas en Galicia ascendía a cento trinta; Vasco de Aponte afirmaba que se “derrocaron cuantas fortalezas había en Galicia menos Pambre”; pero varias testemuñas do preito Tavera-Fonseca, engadiron á lista de fortalezas non derrocadas, a parte da de Pambre, as fortalezas de Castroverde e Vilaxoán. Cid Rumbao cre que tampouco se derribaron as de Allariz, Castro Caldelas nin a de Sarria. Jorge Rouco Collazo na súa obra “Las funciones de una fortaleza bajomedieval: el caso de Pambre” analiza como a fonte máis próxima á rebelión son as “Bienandanzas e Fortunas” de Lope García de Salazar, que dá unha lista das fortalezas derrocadas polos irmandiños, que xunto co preito de Tavera-Fonseca, considera excluídas do derribo polos irmandiños as fortalezas de Pambre, Castroverde, Vilaxoán e Andrade.
Actualizado: novembro 2023

Enero 2020, Suso Pena

Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

Caldaloba: os irmandiños e o

preito de Tabera-Fonseca

1. En qué consistiu o preito? Foi un preito entre o Arcebispo de Compostela Alonso III de Fonseca e o seu sucesor Juan Pardo de Tabera. A súa importancia radica en que se trata dunha fonte documental para coñecer o patrimonio do arcebispado nos séculos XV e XVI, dos feitos relacionados cos irmandiños e os conflitos señoriais en Galicia.  Segundo a obra  Galicia feudal de Victoria Armesto, todo comezou o 31 de decembro de 1523 cando Alonso de Fonseca e Ulloa foi trasladado a Toledo, ocupando a sé compostelá D. Juan Tabera. Ao chegar a Santiago o novo arcebispo Tabera, encontrou a sé, posesións e numerosas fortalezas compostelás nun estado calamitoso. Ante tal feito, reclamou dez millóns de maravedís ao seu antecesor, Alonso de Fonseca, esixíndolle que reedificase as fortalezas que foran derrocadas. Fonseca, negou en principio contra toda evidencia, os danos ás fortalezas, incluso tivo o atrevemento de asegurar que as deixara en mellor estado que cando as atopara el mesmo.  Así deu comezo o pleito Tabera-Fonseca, que quedou en mans de dous xuíces, o licenciado Simón Rodríguez por Fonseca, e o Dr. Bernal por Tabera, amén dun terceiro xuíz, o licenciado Santiago (do Consello do Rei). Os ditos xuíces foron asistidos por técnicos avaliadores (Pedro Muñoz e Juan Gil representando os intereses de Tabera, e o canónigo Joaquín de Auñón e o mestre das obras do claustro de Santiago, Juan de Álava por parte de Fonseca).
Alonso III de Fonseca Fonte: Wikipedia
Cardenal Tabera Fonte: Wikipedia
Cabe destacar tamén a cita que dá Edward Cooper na súa obra “Castillos Señoriales en la Corona de Castilla” (1991, editado pola Consejería de Educación y Cultura, Castilla y León), afirmando tamén o feito de que foi unha fortaleza non derrocada polos irmadiños, e que sufriu posteriormente o asedio por parte do gobernador de Galicia Fernando de Acuña ante a resistencia de Fernán Arias Saavedra (ano 1484).  Segundo o licenciado Molina o númer o de fortalezas demolidas en Galicia ascendía a cento trinta; Vasco de Aponte afirmaba que se “derrocaron cuantas fortalezas había en Galicia menos Pambre”; pero varias testemuñas do preito Tavera-Fonseca, engadiron á lista de fortalezas non derrocadas, a parte da de Pambre, as fortalezas de Castroverde e Vilaxoán. Cid Rumbao cre que tampouco se derribaron as de Allariz, Castro Caldelas nin a de Sarria. Jorge Rouco Collazo na súa obra “Las funciones de una fortaleza bajomedieval: el caso de Pambre” analiza como a fonte máis próxima á rebelión son as “Bienandanzas e Fortunas” de Lope García de Salazar, que dá unha lista das fortalezas derrocadas polos irmandiños, que xunto co preito de Tavera-Fonseca, considera excluídas do derribo polos irmandiños as fortalezas de Pambre, Castroverde, Vilaxoán e Andrade. 2. O interrogatorio do preito. Seguindo a  “Galicia feudal” de Victoria Armesto, o pleito contou con 96 testemuñas que achegou a defensa de Fonseca, e 87 testemuñas que achegou Tabera. Na súa maioría eran labradores (66), 17 escudeiros, 14 eclesiásticos, 7 zapateiros, 6 pescadores, 5 notarios, 4 rexedores, 3 pedreiros, 2 carpinteiros, 2 prateiros, 1 xastre, 1 ferreiro, , 1 bacharel e 41 sen profesión coñecida.   Tamén interviron nobres de grandes liñaxes galegas que axuizaron dende outra perspectiva as revoltas populares. Varias testemuñas, que falaron das revoltas irmandiñas como fondo da súa nenez ou xuventude, declararon citadas polas dúas partes.  As testemuñas presentadas por ambas as partes prestaron declaración en diferentes audiencias: Santiago de Compostela, Pontevedra, fortaleza da Barreira, Pontedeume, Melide, Lugo, Sarria, Monforte, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Vilaboa.

3. Alusións ao Castelo de Vilaxoán

(Caldaloba) no preito Tabera-Fonseca.

Segundo a obra “Las Fortalezas de la mitra Compostelana y los Irmandiños pleito Tabera-Fonseca” por Ángel Rodríguez González, foron oito testemuñas as que fixeron alusión á fortaleza de Vilaxoán (Caldaloba), e que se mostran a continuación:  Alonso García de Parga  (testemuña, folio 196 v.º)               Bacharel, veciño de Pontedeume, testemuña por parte do arcebispo de Santiago, de 70 anos de idade, e acordándose de sesenta e seis anos mais ou menos, declarou na décima pregunta que se salvaran 3 fortalezas de ser derrocadas polos irmandiños (Pambre, Castroverde e Vilaxoán): “a oído a muchas personas comunmente e lo tiene por cierto (.....) hasta tanto que binieron e se llebantar las hermandades en el año de sesenta y seis e oio dezir que las derrocaran todas quantas fortalezas ubo en el Reino eçepto tres, que son las de Pambre e Castroverde e Vilajoan y que en lo demás en la dicha pregunta contenido, dize el dicho testigo que (folio 200 vº) lo remite a los juezes que han de sentenciar la causa”.  García Mexía (testemuña)                                                   Escudeiro, veciño de Santa Eulalia de Curtis, terra de Fisteus, duns 70 anos de idade e acordándose de 60 anos máis ou menos, aclara como tras levantarse as xentes das vilas (a revolta irmandiña) derrocaron moitas fortalezas a excepción de Pambre, Castroverde e Vilaxoán: “que podra aber sesenta años poco (folio 1369 v.º) mas o menos que en este Reino de Gálizia se llebantaron las gentes de los pueblos y tierras del en boz y nonbre de hermandad y el dicho testigo dize que al dicho tienpo bido que en las çiudades azian sus alcaldes y cadrilleros e diputados porque en la çiudad de Santiago bio ser diputado un Joan Vinagre e en la çiudad de Betanços a Afonso de Carballido e Ruy de Toar e Gonçalo de Vilasuso que todos heran alcaldes de hermandad e Joan Branco, que hera capitan dellos e que por las tierras hazian sus alcaldes de hermandad entre tres o quatro feligresias (....) derrocaran a Guitiriz que hera (folio 1370) de Ares Bazquez de Parga e la fortaleza do Seixo que hera de Gomez Perez das Mariñas e ansimismo oio dezir al dicho tienpo por fama publica que derrocaran otras muchas fortalezas en este Reino de Galizia de señores y caballeros del que no dexaran ninguna por derrocar salbo la del Panbre y a Castroverde y a Vilajoan y que las otras todas fueron derrocadas (...)  Alfonso do Campo (testemuña, folio 1452)                          Escudeiro, veciño da cidade de Lugo, presentado por Fonseca, de 70 anos de idade e acordándose de 60 anos máis ou menos,  declara que se salvaron 3 fortalezas das revoltas irmandiñas, sendo a fortaleza de Castroverde, Vila Joan e Pambre: “... oio dezir que derrocaran a Monforte de Lemos e a Sarrea que heran del conde de Lemos e este dicho testigo despueslas bio estar derrocadas e que ansimismo oio dezir que derrocaran otras muchas fortalezas de señores, caballeros y perlados del dicho Reino de Galizia que no quedara ninguna salbo Castroverde e Vila Joan e Panbre, e que las otras fortalezas del dicho Reino todas oio dezir que las derrocaran, como dicho tiene, (...)  Diego de Santalla (testemuña)                                            Escribán da cidade de Lugo, testigo por Fonseca, duns 65 a 66 anos de idade máis ou menos e acordándose duns 55 anos, achega na súa declaración que a fortaleza de Vilaxoán xunto coas de Pambre e Castroverde non foron derrocadas polas revoltas irmandiñas: “... dize este testigo que la oia nonbrar sancta hermandad e dize este dicho testigo que bido que la hermandad de Lugo derrocara mucha parte de la fortaleza de la dicha çiudad e que oyera dezir que las dichas hermandades que en el dicho Reino de Galicia se llebantaran derrocaran todas las fortalezas e casas fuertes ansi de señores y caballeros y perlados del que no quedaran ningunas (folio 1458) salbo el Panbre e Castroverde e Vila Joan e que al dicho tienpo este dicho testigo bio salir de la dicha çiudad los alcaldes y gente de la dicha hermandad que dezian yban a derrocar fortalezas por la probincia de Lugo, pero quel testigo no xe las bio derrocar mas de la de la dicha çiudad de Lugo ....”  Juán de Bascóns (testemuña)                                              Veciño de Betanzos, presentado como testemuña por parte de Fonseca, confesa ter máis de  90  anos de idade, acordándose de 80, describe moi ben o feito do derrocamento do castelo de Vilaxoán en tempos dos Reis Católicos, despois de finalizar as revoltas irmandiñas, onde o gobernador Acuña asediou a fortaleza ao estar refuxiado Fernán Ares de Saavedra: “A la segunda pregunta añadida dixo este dicho testigo que despues de acabadas las dichas hermandades y en tienpo de los reis don Fernando y doña Ysabel, de gloriosa memoria, bino a este Reino de Galizia por gobernador don Fernando de Acuña, el qual como tal gobernador estubo sobre la fortaleza de Vilajoan que tenia Fernandares de Sabedra al dicho tienpo hasta que la tomó y derrocó e derroco la fortaleza de Pena Frouseira que hera del mariscal Pedro Pardo y prendiera al dicho Mariscal y le cortara la cabeça porque dezian que de aquella fortaleza robaban e que de la dicha pregunta (folio 1348 v.º) esto hes lo que save e mas no “.  Gonzalo García de Baamonde (testemuña, folio 379)            Clérigo, veciño de Santa Baya de Codeso, acordándose dos feitos acontecidos ata 70 anos. Testemuña por parte do arcebispo de Santiago, alude á fortaleza de Vilaxoán que só foi derrocada polo Gobernador Acuña tras refuxiarse Fernán Ares de Saavedra debido á rebelión de Pardo de Cela, feito posterior ás revoltas irmadiñas: “que no save de fortaleza antigua quel (folio 394) dicho don Fernando de Acuña, Gobernador obiese derrocado salbo la fortaleza de la Pena de la Fronseira que hera de Pedro Pardo al tienpo que lo mando degollar e la de Villajoan porque se le rebelo contra el en la qual hestava Fernandares de Saabedra y de otra fortaleza ni casa antigua el dicho testigo no save que fuese derrocada como dicho tiene”.  Pedro Brión (testemuña, folio 421 v.º)                                 Veciño de San Vicente do Grove, vasalo do arcebispo, de 80 anos de idade pouco máis ou menos e que se acorda ben ata setenta e catro máis ou menos. A dita testemuña tamén describe que a fortaleza de Vilaxoán só foi derrocada polo Gobernador Acuña debido á rebeldía de Pardo de Cela ao Rei: “A las treinta preguntas del dicho ynterrogatorio dijo que bido al dicho tienpo que bino don Fernando de Acuña por Gobernador deste Reino e el dicho testigo lo bido luego a tres días que bino e despues otras muchas vezes e que posava el dicho Fernando de Acuña en Santiago en las casas que fueron del licenciado Carballido e que benia con el licenciado Chinchilla e que el arçediano de Camara le bia biniera de antes e que no derribaran los sobredicnos ningura fortaleza de las de la Sancta Yglesia de Santiago que biniese a notiçia del dicho testigo ni lo oio dezir salbo que oio dezir que derrocaran la Peña (folio 431) Fronseira que hera del Mariscal Pedro Pardo e a Villajuan que hera de Fernandares de Saavedra e que dezian que las derribaran e fizieran derribar el dicho Gobernador porque se llebantaran contra el rey e que no sabe ni oio dezir de otras que fiziesen derrocar e que de la dicha pregunta hesto hes lo que save».  Juan Ares (testemuña)                                                        Zapateiro veciño da cidade de Betanzos, duns 70 anos de idade, acordándose de 68 pouco máis ou menos. Presentado como testemuña por parte de Fonseca, tamén acalara o feito do derrocamento da fortaleza de Vilaxoán en tempos dos Reis Católicos polo Gobernador Acuña, anos adiante das revoltas irmandiñas: “A la segunda pregunta añadida dixo este dicho testigo que en tienpo de los Reies Catolicos don Fernando e doña Isabel bino a este Reino de Galizia por Gobernador del don Fernando de Acuña e que despues de benido dize este dicho testigo que derroco la fortaleza de Peña Frouseira que hera del Mariscal Pedro Pardo y a el lo prendio e degollo (folio 1358) porque della dezian que robaban e fazian males e oio dezir que derrocara a Vila Joan o la tomara porque no la derrocara de todo”.
O castelo de Vilaxoán (Caldaloba) non foi obxetivo dos irmandiños
Actualizado: novembro 2023

Xaneiro 2020, Jesús Pena

Mapa da web
BUSCAR:
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International