Caldaloba

As lendas populares que se conservan no pobo e arredores

Tras conversas con moitos veciños da parroquia de Pino, sen dúbida a lenda máis popular é a da doncela da Torre de Caldaloba, que se converteu nunha loba branca tras rexeitar casamento cun nobre por mor de namorarse dun plebeo que era o ferreiro e gaiteiro do pobo, e que de ahí ven o nome de Caldaloba, en escritos antigos tamén chamado Cal da Loba. Outra das lendas máis coñecidas polo entorno, é o do túnel que comunica o Castelo coa fonte do Reás ou co pazo, un sistema de refuxio e de emboscadas cos inimigos. Unha lenda tamén moi común na xente do pobo, é a da serpe voadora xa comentada nesta páxina, que atemorizaba o pobo e que vagaba polo castelo, á que finalmente deu morte D. Gabriel Montenegro, un cabaleiro do pazo de Caldaloba o que no seu escudo de armas plasmou unha “M” coroado cunha serpe. Afíncase tamén unha lenda do “cabaleiro dourado”, unha peza de ouro que figuraba nun “cabaleiro montado no seu cabalo”, e que segundo a lenda, estaría soterrada nalgunha paraxe dos arredores do castelo. Recolleita ós veciños de Pino José Manuel e Jesús Pena

A Lenda da doncela de Caldaloba (lenda popular)

En tempos de Raíñas e Reis, na comarca chairega de Cospeito, na parroquia de San Martiño de Pino, no Coto de Mato, vivía unha doncela filla de Señor na torre de Vilaxoán (hoxe chamada tamén de Caldaloba), unha doncela dunha gran beleza de ollos azuis, cabelo escuro e pel moi branca, que lucía a cotío fermosos vestidos de liño bordados. A doncela estaba namorada dun ferreiro do pobo, un plebeo que acostumaba tamén a amenizar de gaiteiro os grandes banquetes que se festexaban no castelo. Tralos festíns, e sempre que podían, adoitaban quedar baixo unha gran árbore nas proximidades do castelo, o “pino grande” lle soian chamar polos arredores. Co tempo, ambos os dous querían casar, pero sabían que o pai da doncela rexeitaría tal acordo, polo que, seu pai tras sospeitar deles, acordou nos próximos banquetes convidar os nobres casadeiros das comarcas veciñas para tentar a man da fermosa doncela. Un día, un dos nobres que fora rexeitado pola doncela de Vilaxoán, de viaxe ao castelo, atopou os dous namorados baixo o “pino grande”, onde ante o asombro e desagrado de tal feito, maldiciu a doncela con feroces palabras: “Malnacida!! Malnacida!! Oxalá tornes nunha loba branca!! ¡¡Oxalá!!!” e coma se dun sortilexio ou feitizo se tratase, a doncela tornou de forma repentina nunha branca loba. O seu namorado e máis o nobre, non dando creto do acontencido, fuxiron ata chegar aos seus fogares. O señor do castelo e pai da doncela, tras percatarse da súa ausencia, organizou durante meses búsquedas nos arredores e confíns das comarcas veciñas, todas elas sen dar coa doncela. O plebeo, non aturando a perda da súa amada, acabou marchando da vila a un lugar lonxe onde poder refuxiarse da ira do pai, e onde poder así amar por sempre o recordo da súa namorada. Aínda hoxe na actualidade, testemuñas dos arredores adoitan ver unha fermosa loba branca merodeando as ruínas do castelo, que segundo a lenda, no caso de vela moi cerca, deberíaselle repetir a seguinte sentenza: - Vai con Deus!! Vai con Deus!! Vai con Deus!! E ela irá.

Caldaloba: as lendas

Actualizado: novembro 2023
© Autor: Jesús Pena
© Autor: Jesús Pena

Outras lendas do castelo de Caldaloba

A MEIGA DE CALDALOBA Di unha lenda que nos arredores do castelo de Caldaloba pasou unha tempada unha meiga, das que Mariño Ferro distingue como bruxas-voadoras (seres míticos), en contraposición ás bruxas- curandeiras, persoas reais que teñen poderes. Esta meiga-voadora de Caldaloba saia ós camiños á procura de mozos cos que pasala noite. Un mozo de Xoibán, asaltado pola meiga unha noite, tivo que valerse dun rosario á noite seguinte para librarse da meiga que, escarmentada, acabou fuxindo do lugar. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A MOURA FADADA No soto do castelo de Caldaloba, hai unha moura fadada que garda o trigo que rouban as formigas do maior formigueiro do mundo. En Couto Dá, entre Reiriz e Viladonga, na freguesía de Ramil (Castro de Rei), segundo informa Isaac Rielo Carballo, hai unha fonte onde vive unha princesiña moura convertida en troita. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A SERPE ENCANTADA Na Pena do Castelo tiña o seu burato unha grande cobra alada, capaz de tragar bois enteiros e que mesmo nunha ocasión papou un home que andaba por alí apañando nos toxos. Para baixar a beber ó rego do Corvos metía a cola na boca e baixaba a rolos polas costas. No pazo de Caldaloba, próximo ó castelo, que coma levamos conta cun magnífico repertorio de seres fantásticos, non falta tampouco unha serpe encantada que nun tempo trouxo aterrorizada á comarca. Un dos donos do pazo, D. Gabriel Antonio de Montenegro deu morte á cobra. Desfeito o encanto o Montenegro incorporou a serpe ó seu escudo. Por García Mato, José L. e Fdo. Dióxenes op. cit.
Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

Caldaloba: as lendas

A Lenda da doncela de Caldaloba (popular)

En tempos de Raíñas e Reis, na comarca chairega de Cospeito, na parroquia de San Martiño de Pino, no Coto de Mato, vivía unha doncela filla de Señor na torre de Vilaxoán (hoxe chamada tamén de Caldaloba), unha doncela dunha gran beleza de ollos azuis, cabelo escuro e pel moi branca, que lucía a cotío fermosos vestidos de liño bordados. A doncela estaba namorada dun ferreiro do pobo, un plebeo que acostumaba tamén a amenizar de gaiteiro os grandes banquetes que se festexaban no castelo. Tralos festíns, e sempre que podían, adoitaban quedar baixo unha gran árbore nas proximidades do castelo, o “pino grande” lle soian chamar polos arredores. Co tempo, ambos os dous querían casar, pero sabían que o pai da doncela rexeitaría tal acordo, polo que, seu pai tras sospeitar deles, acordou nos próximos banquetes convidar os nobres casadeiros das comarcas veciñas para tentar a man da fermosa doncela. Un día, un dos nobres que fora rexeitado pola doncela de Vilaxoán, de viaxe ao castelo, atopou os dous namorados baixo o “pino grande”, onde ante o asombro e desagrado de tal feito, maldiciu a doncela con feroces palabras: “Malnacida!! Malnacida!! Oxalá tornes nunha loba branca!! ¡¡Oxalá!!!” e coma se dun sortilexio ou feitizo se tratase, a doncela tornou de forma repentina nunha branca loba. O seu namorado e máis o nobre, non dando creto do acontencido, fuxiron ata chegar aos seus fogares. O señor do castelo e pai da doncela, tras percatarse da súa ausencia, organizou durante meses búsquedas nos arredores e confíns das comarcas veciñas, todas elas sen dar coa doncela. O plebeo, non aturando a perda da súa amada, acabou marchando da vila a un lugar lonxe onde poder refuxiarse da ira do pai, e onde poder así amar por sempre o recordo da súa namorada. Aínda hoxe na actualidade, testemuñas dos arredores adoitan ver unha fermosa loba branca merodeando as ruínas do castelo, que segundo a lenda, no caso de vela moi cerca, deberíaselle repetir a seguinte sentenza: - Vai con Deus!! Vai con Deus!! Vai con Deus!! E ela irá.
Actualizado: novembro 2023
© Autor: Jesús Pena
© Autor: Jesús Pena

Outras lendas do castelo de Caldaloba

A MEIGA DE CALDALOBA Di unha lenda que nos arredores do castelo de Caldaloba pasou unha tempada unha meiga, das que Mariño Ferro distingue como bruxas-voadoras (seres míticos), en contraposición ás bruxas-curandeiras, persoas reais que teñen poderes. Esta meiga-voadora de Caldaloba saia ós camiños á procura de mozos cos que pasala noite. Un mozo de Xoibán, asaltado pola meiga unha noite, tivo que valerse dun rosario á noite seguinte para librarse da meiga que, escarmentada, acabou fuxindo do lugar. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A MOURA FADADA No soto do castelo de Caldaloba, hai unha moura fadada que garda o trigo que rouban as formigas do maior formigueiro do mundo. En Couto Dá, entre Reiriz e Viladonga, na freguesía de Ramil (Castro de Rei), segundo informa Isaac Rielo Carballo, hai unha fonte onde vive unha princesiña moura convertida en troita. Por Isaac Rielo Carballo Cancioneiro da Terra Chá (Pol) Ed. do Castro. A Coruña, 1980. A SERPE ENCANTADA Na Pena do Castelo tiña o seu burato unha grande cobra alada, capaz de tragar bois enteiros e que mesmo nunha ocasión papou un home que andaba por alí apañando nos toxos. Para baixar a beber ó rego do Corvos metía a cola na boca e baixaba a rolos polas costas. No pazo de Caldaloba, próximo ó castelo, que coma levamos conta cun magnífico repertorio de seres fantásticos, non falta tampouco unha serpe encantada que nun tempo trouxo aterrorizada á comarca. Un dos donos do pazo, D. Gabriel Antonio de Montenegro deu morte á cobra. Desfeito o encanto o Montenegro incorporou a serpe ó seu escudo. Por García Mato, José L. e Fdo. Dióxenes op. cit.

As lendas populares que se conservan

no pobo e arredores