Caldaloba

A cuestión da orientación no castelo de Vilaxoán

Un modelo constructivo

Na antigüidade, os templos dispoñíanse coa porta de entrada cara ó leste, aproveitando a saída do Sol, pero tralo Concilio de Nicea estableceuse que fosen as cabeceiras dos templos os que se orientasen deste xeito cara ó leste, polo que os raios do sol entraban a través dunha ábsida e iluminaban o altar (Ruiz 2013). Porén, en moitas igrexas, catedrais e outros monumentos medievais non foi exactamente así, senón que a cabeceira estaba desprazada uns graos. Existen varias hipóteses a esta desviación, pero unha delas, que cobra maior fundamento é a que sostén que esta desviación se corresponde coa amplitude angular existente entre os solsticios. Este suposto débese ó ángulo de inclinación do eixe da Terra (23,45º), marcando deste xeito os solsticios do verán e do inverno, xa que dende hai séculos, os construtores eran coñecedores destes datos astronómicos. Neste caso, no castelo de Vilaxoán atópase unha posible coincidencia, xa que existe unha desviación aproximada duns 20º a 23º sobre o eixe leste-oeste, apuntando o solsticio do verán;
Actualizado: novembro 2023
Segundo a imaxe posterior, pódese observar o transcorrer da luz solar dende o solsticio do verán ata o solsticio do inverno: E na última imaxe, apréciase segundo os ángulos de incidencia e a posición dos solsticios, como entraría a luz solar polas troneiras do nordeste, percorrendo as troneiras do suleste e acabando cunha posta de sol sobre a entrada principal ó castelo.
Referencias: Ruiz, Jordi Aguadé Torrel y Rafael Fuster. «Las alineaciones astronomicas de San Bartolomé del río Lobos: la cuestión de la orientación en los templos medievales.» 2013.

Setembro do 2020

Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

San Martiño de Pino (Cospeito)

A cuestión da orientación no

castelo de Vilaxoán

Actualizado: novembro 2023

Un modelo constructivo

Na antigüidade, os templos dispoñíanse coa porta de entrada cara ó leste, aproveitando a saída do Sol, pero tralo Concilio de Nicea estableceuse que fosen as cabeceiras dos templos os que se orientasen deste xeito cara ó leste, polo que os raios do sol entraban a través dunha ábsida e iluminaban o altar (Ruiz 2013). Porén, en moitas igrexas, catedrais e outros monumentos medievais non foi exactamente así, senón que a cabeceira estaba desprazada uns graos. Existen varias hipóteses a esta desviación, pero unha delas, que cobra maior fundamento é a que sostén que esta desviación se corresponde coa amplitude angular existente entre os solsticios. Este suposto débese ó ángulo de inclinación do eixe da Terra (23,45º), marcando deste xeito os solsticios do verán e do inverno, xa que dende hai séculos, os construtores eran coñecedores destes datos astronómicos. Neste caso, no castelo de Vilaxoán atópase unha posible coincidencia, xa que existe unha desviación aproximada duns 20º a 23º sobre o eixe leste-oeste, apuntando o solsticio do verán;
Segundo a imaxe posterior, pódese observar o transcorrer da luz solar dende o solsticio do verán ata o solsticio do inverno:
E na última imaxe, apréciase segundo os ángulos de incidencia e a posición dos solsticios, como entraría a luz solar polas troneiras do nordeste, percorrendo as troneiras do suleste e acabando cunha posta de sol sobre a entrada principal ó castelo.