Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

Patrimonio arquitectónico de San Martiño de Pino

Actualizado: setembro 2022
Mapa da web
BUSCAR:

Inventario artístico da parroquia de San Martiño de Pino (Lugo)

O libro “Inventario artístico de Lugo y su Provincia” editado polo Centro Nacional de Información Artística, Arqueología y Etnografía (Madrid, 1983), recolleu e inventariou todas aquelas facetas de interese artístico, prehistótico e etnográfico das vilas de toda a provincia. Velaquí a da parroquia de San Martiño de Pino:

PINO. COSPEITO

A torre de Caldaloba foi vendida no comezo do século XV por Don Juan Freire de Andrade ó Conde D. Fadrique Enríquez de Castro. O famoso mariscal Pardo de Cela foi dono da dita fortaleza a causa do seu matrimonio con Isabel de Castro y Osorio. Figura entre as que foron derruídas pola furia dos irmandiños, anque os desperfectos non deberon ser grandes (estudos recentes do preito Tabera-Fonseca varias testemuñas afirmaron que non se derrocaran tres fortalezas, entre elas a de Vilaxoán, na actualiadade chamada Caldaloba , ver cita: irmandiños ).

IGREXA PARROQUIAL

O edificio sufriu en épocas moi recentes reformas importantes, que alteraron substancialmente a planta e os alzados. Era igrexa de refuxio e actualmente presenta forma de cruz latina co aditamento da sacristía pola parte da cabeceira. Campanario de dous vanos aos pés, muros de pedra e cemento, a cuberta de madeira e tellado de lousa. Na fachada da capela maior, un Cristo de tres clavos e rizada cabeleira e un San Martiño, o titular, éste do século XVII. Esculturas da Inmaculada, 0,63, e un San Martiño, 0,60, século XVIII. SANCRISTÍA : Cáliz de prata, liso, con inscrición: DIOME A LA IGLESIA DE SAN PEDRO DE SEIXAS BARTOLOMÉ DÍAZ DE PRADO AÑO 1675. Otro cáliz de plata, liso, inscripción: POR EL CVRA DN. JOSÉ MA.PRADO, HEVMA. Copón de prata liso, século XVIII, e dous candelabros de bronce. Custodia de prata, tipo sol, punzón PECVL/REVº. Cruceiro no atrio, con importatntes deterioros, construído no ano 1872.

CASTELO DE CALDALOBA

Unicamente se conserva a torre, protexida por varios fosos e pola conformación do terreo en declive. É de planta cadrada con 10,18 por cada lado, muros de lousa, algún cachote de granito e altura aproximada 25 metros. Consta de catro plantas, que se aprecian nos parámetros interiores. O ángulo do nacente está bastante deteriorado cara á parte alta. Modillóns de sustentación no alto, arranque de arcos formeiros, restos de cheminea, porta de medio punto no lenzo meridional e unha ventá de arco rebaixado.

PAZO DE CALDALOBA

Consta de dúas partes claramente diferenciadas debido á época diversa nas que foron construídas. Na parte máis antiga aparece o M coroado dos Montenegro, sobre o que serpentea a cobra encantada do castelo. Na parte máis recente, balcón cuberto con balaustrada de pedra e arcos rebaixados, século XVIII. Nunha das estancias consérvase un moble arquivo con escudo pintado, no que figuran doce cuarteis e a inscrición: VI LOS VALIENTES TEMPLARIOS/BATALLAR EN CLARO DIA/ Y A LOS FREIRES SUS CONTRARIOS / DE SUS VILLAS PROPIETARIOS / TRAER EL AVE MARÍA. CAPELA : de planta rectangular, 9,43 x 6,25, adosada, con nave e prebisterio separados por arco triunfal de molduraxe refundida e astrágalo. Bóveda de canón na capela maior e coa cuberta de madeira na nave. Muros de pedra, teito de lousa a catro vertentes e campanil dun van sobre fachada. No frontal, un escudo de granito, partrido, coroado de venera; nos cantóns, o M coroado e un crecente acompañado de cinco luceiros. No arco triunfal pódese ler a data da súa construción: século XVIII.

CAPELA DE GOLDEIROS

Edificio rectangular, 6,39 x 4,56, coa cuberta de madeira a dúas vertentes, muros de pedra, teito de lousa a campanil aos pés. No altar, un cadro de madeira no que figura un relevo das Dolores, con marco moi ornamentado, século XVIII. escultura de San Antonio de Padua, 0,52, século XIX. Estatuíllas de San Gregorio, 0,10, y San Juan, 0,10, século XVIII. Sacra con auténtica de reliquia, século XVIII. Cáliz prata liso, punzón VA/RELA.

CAPELA DE SAN RQOUE

Edificio rectangular, 10,11 x 4,90, con muros de pedra, pavimento de cemento, coa cuberta de madeira e tellado de lousa. Campanil dun só van aos pés. Retablo de estípites, 2,41, con esculturas populares de Santiago, 0,69, e san Sebastián, 0,52, século XVII; San Roque de impoñer, 0,34, e San Roque das procesións, 0,80, repintado, século XVIII. Pila de auga bendita en forma de capitel primitivo.

PREHISTORIA E ETNOGRAFÍA

O castro chamado Teixeiro. As Medorras de Míllara e lugares da Modia, Castro, Cubelo e Sumeiro. Sitio da Torre. Na casa de Broz houbo capela e outra que existe en Penalba, ademais da chamada de San Isidro no barrio do Monte, con tallas moi rústicas de san Isidro, 0,61, e Santa María da Cabeza, 0,34, ademais dun retablillo moi tosco. NRC.
VOLVER
Suso Pena Setembro 2022
Bibliografía VALIÑA SAMPEDRO, ELÍAS. Inventario artístico de Lugo y su provincia (1865) Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.

Compartir en:

Pódeche interesar:

HISTORIA DE CALDALOBA LER MÁIS Historia do castelo, do pazo, fondo documental e transcricións OS IRMANDIÑOS ~ CALDALOBA LER MÁIS O preito de Tabera-Fonseca; o interrogatorio, testemuñas,… A PARROQUIA DE PINO LER MÁIS Datos da parroqia de San Martiño de Pino: muiños, censos antigos,… Patrimonio arqueolóxico Patrimonio cultural

En construción

En construción

Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Actualizado: setembro 2022
Mapa da web
BUSCAR:

Patrimonio arquitectónico

de San Martiño de Pino

HISTORIA DE CALDALOBA LER MÁIS Historia do castelo, do pazo, fondo documental e transcricións OS IRMANDIÑOS ~ CALDALOBA LER MÁIS O preito de Tabera-Fonseca; o interrogatorio, testemuñas,… A PARROQUIA DE PINO LER MÁIS Datos da parroqia de San Martiño de Pino: muiños, censos antigos,…

Compartir en:

Patrimonio arqueolóxico Patrimonio cultural

En construción

En construción