Caldaloba

Os muíños da parroquia

Segundo os veciños do pobo, o rego do Porto Vello contaba con 14 muiños e o rego de San Paio con 2, moitos deles desaparecidos na actualidade. Por orde, dende o nacemento no Reás, serían os seguintes: 1- Muiño de Salgado. 2- Muíño de Caldaloba. 3- Muiño de Tinxido. 4- Muíño da Folieira. 5- Muíño do Palomo. 6- Muíño de Rúa. 7- Muíño de Martiño. 8- Muíño da Culasa. 9- Muíño de Escoira. 10- Muíño da Porta de Xordo. 11- Muíño de Adrián. 12. Muíño da Quenlla. 13. Muíño do Castro. 14. Muíño de Santiago. No rego de San Paio, os dous muíños serían o Muíño Novo máis o Muíño da Estaca.

San Martiño de Pino

Parroquia do Concello de Cospeito, comarca da Terra Chá, con aproximadamente 400 veciños e cunha extensión de 16 Km 2 . Divídese en 22 lugares ou aldeas segundo D. Amor Meilán, Manuel. 1928 “Geografía General del Reino de Galicia. Tomo IV, Provincia de Lugo”: Bouza, Broce, Caldaloba, Casiña, Castro, Co, Costa, Cuvelo, Currás, Fonte Salgueira, Fraga, Granda, Guldeiros, Xunto a Iglesia, Mato, Millerada, Monte, Outrocabo, Penalba, Porto, Quenlle e Sumeiro. Conta cunha Igrexa Parroquial ao patrón a San Martiño, e tres capelas principais adicadas a San Roque, As Dolores e a San Isidro, esta última comparte a festividade coas parroquias veciñas de Seixas e Villapene. O río Támoga atravesa a parroquia polo sur, do que cabe destacar a área recreativa de Porto máis a intensa actividade pesqueira deste coto, maioritariamente adicado á troita. Tamén cabe destacar a presenza do rego “O Reás”, que desemboca no río Támoga, do que o seu nacemento se sitúa no lugar do Mato.

Caldaloba: a parroquia “San Martiño de Pino”

O castro de Teixeiro

Xacemento da idade de ferro:

O Pazo de Caldaloba

Segundo a obra de Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”, o pazo debeu de ser construído en dúas épocas diferentes. Na parte máis antiga resalta o escudo coroada coa “M” dos Montenegro, e sobre ela, unha serpe, que segundo a lenda, foi a que deu morte D. Gabriel Antonio Montenegro (que figura como propietario do pazo no ano 1765). O vínculo da casa e coto de Caldaloba foi fundado con anterioridade, no ano 1621 por D. Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro, casado con Isabel Ladrón de Guevara. Consta dunha capela de estilo barroco, fundada no ano 1685 por D. Rodrigo Montenegro e reformada por D. Gabriel Antonio Montenegro y Ron e a súa dona Dº Josefa de Rois y Luaces.
De esquerda a dereita: Escudo da capela coas armas dos Montenegro e Luaces; escudo coa “M” coroada dos Montenegro e a serpe. [Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”]

Igrexa parroquial de San Martiño de Pino

A igrexa ten forma de cruz latina coa sacristía na cabeceira, campanario a dous vanos, muros de pedra e cemento, teito de madeira e tellado de lousa.
Igrexa de San Martiño de Pino

As capelas

Destacan as capelas de San Roque, San Isidro e a Virxe Das Dolores, esta última de titularidade privada. En ambas festéxanse os seus correspondentes patróns, e na de San Isidro e compartida coas parroquias veciñas de Seixas e Vilapene.
Capela de San Isidro
Capela de San Roque
Actualizado: novembro 2023
A parroquia de S. Martiño de Pino no ano 1845, así a describe Pascual Madoz no seu “Diccionario geográfico-estadístico- historico de España y sus posesiones de ultramar (1846-1850)”. Curiosidades como que o correo se recibía en “Puente Quintela”, as produccións agrícolas e gandeiras da época, as industrias, as especies cinexéticas e os lugares/barrios rexistrados.

Datos da parroquia de San Martiño de Pino do ano 1845

Mapa da web
BUSCAR:
“…Sanctus Martinus de Pino cum Villa Johanne…”
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Patrimonio cultural Patrimonio arqueolóxico Patrimonio arquitectónico
Caldaloba
Contacto: caldaloba@caldaloba.es

Caldaloba: a parroquia

“San Martiño de Pino”

San Martiño de Pino

Parroquia do Concello de Cospeito, comarca da Terra Chá, con aproximadamente 400 veciños e cunha extensión de 16 Km 2 . Divídese en 22 lugares ou aldeas segundo D. Amor Meilán, Manuel. 1928 “Geografía General del Reino de Galicia. Tomo IV, Provincia de Lugo”: Bouza, Broce, Caldaloba, Casiña, Castro, Co, Costa, Cuvelo, Currás, Fonte Salgueira, Fraga, Granda, Guldeiros, Xunto a Iglesia, Mato, Millerada, Monte, Outrocabo, Penalba, Porto, Quenlle e Sumeiro. Conta cunha Igrexa Parroquial ao patrón a San Martiño, e tres capelas principais adicadas a San Roque, As Dolores e a San Isidro, esta última comparte a festividade coas parroquias veciñas de Seixas e Villapene. O río Támoga atravesa a parroquia polo sur, do que cabe destacar a área recreativa de Porto máis a intensa actividade pesqueira deste coto, maioritariamente adicado á troita. Tamén cabe destacar a presenza do rego “O Reás”, que desemboca no río Támoga, do que o seu nacemento se sitúa no lugar do Mato.

Os muíños da

parroquia

Segundo os veciños do pobo, o rego do Porto Vello contaba con 14 muiños e o rego de San Paio con 2, moitos deles desaparecidos na actualidade. Por orde, dende o nacemento no Reás, serían os seguintes: 1- Muiño de Salgado. 2- Muíño de Caldaloba. 3- Muiño de Tinxido. 4- Muíño da Folieira. 5- Muíño do Palomo. 6- Muíño de Rúa. 7- Muíño de Martiño. 8- Muíño da Culasa. 9- Muíño de Escoira. 10- Muíño da Porta de Xordo. 11- Muíño de Adrián. 12. Muíño da Quenlla. 13. Muíño do Castro. 14. Muíño de Santiago. No rego de San Paio, os dous muíños serían o Muíño Novo máis o Muíño da Estaca.

O castro de Teixeiro

Xacemento da idade de ferro:

O Pazo de Caldaloba

Segundo a obra de Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”, o pazo debeu de ser construído en dúas épocas diferentes. Na parte máis antiga resalta o escudo coroada coa “M” dos Montenegro, e sobre ela, unha serpe, que segundo a lenda, foi a que deu morte D. Gabriel Antonio Montenegro (que figura como propietario do pazo no ano 1765). O vínculo da casa e coto de Caldaloba foi fundado con anterioridade, no ano 1621 por D. Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro, casado con Dª Isabel Ladrón de Guevara. Consta dunha capela de estilo barroco, fundada no ano 1685 por D. Rodrigo Montenegro e reformada por D. Gabriel Antonio Montenegro y Ron e a súa dona Josefa de Rois y Luaces.
De esquerda a dereita: Escudo da capela coas armas dos Montenegro e Luaces; escudo coa “M” coroada dos Montenegro e a serpe. [Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”]

As capelas

Destacan as capelas de San Roque, San Isidro e a Virxe Das Dolores, esta última de titularidade privada. En ambas festéxanse os seus correspondentes patróns, e na de San Isidro e compartida coas parroquias veciñas de Seixas e Vilapene.
Capela de San Isidro
Capela de San Roque

Igrexa parroquial de San Martiño de Pino

A igrexa ten forma de cruz latina coa sacristía na cabeceira, campanario a dous vanos, muros de pedra e cemento, teito de madeira e tellado de lousa.
Igrexa de San Martiño de Pino
Actualizado: novembro 2023
A parroquia de S. Martiño de Pino no ano 1845, así a describe Pascual Madoz no seu “Diccionario geográfico-estadístico-historico de España y sus posesiones de ultramar (1846-1850)”. Curiosidades como que o correo se recibía en “Puente Quintela”, as produccións agrícolas e gandeiras da época, as industrias, as especies cinexéticas e os lugares, barrios rexistrados.