Caldaloba

Caldaloba: Carta de Fernando Pérez de Andrade

Transcrición da carta o galego:
Era de mil catrocentos quince anos, catorce días de decembro. Saiban cantos esta carta vexan como eu Fernán Pérez de Andrade dou e outorgo en pura doazón o mellor e máis cumpridamente que pode e de dereito debe valer entre vivos por dereito de herdade para sempre a vos Dona Sancha, miña sobriña, muller de Alfonso López de Saavedra, o couto de Felmil con todos os outros bens e herdanzas e freguesías, e coutos e señoríos que foron de Gonzalo Méndez de Saavedra, e con todo o señorío alto e baixo e lugares e posesións meros e místicos, segundo que de dereito pertencen e debe pertencer o señorío dos ditos coutos, segundo que os Gonzalo Méndez de Saavedra, que foi, tráxica e usaba e para súa ao tempo do seu finamento, e en aquela maneira e polas condicións e cada unha delas que se conteñen na carta e privilexio porque me deu e entregou a min meu señor o Rei Don Enrique, que Deus o manteña moitos tempos e bos, e os ditos bens e herdanzas e coutos e señoríos do dito Gonzalo Méndez, e deles me fixo gracias e mercé. O cal couto é o seu signo de Santiago do dito lugar, e cerca do meu castelo de Vila Iohan, e os outros son Riba de Miño en terra e comarcas de Saavedra. Esta doazón e agasallo e vos dou e outorgo, como dito é, porque sodes miña sobriña, filla de miña irmá, e me servistes e andastes polo meu mandato, e hoxe é dia das cales cousas me temo por ben servido de vos, e é miña vontade de vos dar por elo galardón, e logo por esta presente carta vos poño e entrego no dereito e posesión e propiedade dos ditos coutos e señoríos deles para sempre, como dito é, e mándovolo entrar pola vosa autoridade, e facer del e de parte del como voso propio. E se por ventura eu, ou alguén por min, aquí en adiante usara ou posuíra os ditos coutos e lugares de algunha maneira coñezo e outorgo que o uso e posesión por vos, a dita Dona Sancha, é en voso nome precario. Outro si prometo e outorgo de non ir nin revocar nalgún tempo a dita doazón e agasallo que así vos dou, nin parte dela, por san nin ira que vos haxa, nin por razón de ingratitude nin por outra maneira algunha. E para así gardar e ter e non ir contra elo, nin contra parte dilo, fago xuramento sobre o sinal da cruz, que tanto corporalmente coas miñas mans, en presenza do notario e testemuñas desta carta, e que deles sexades certa roguei e mandei a Pero Gonzalves, notario público da Ponte de Miño, que faga disto esta carta ou cartas as que vos compre sobre esta razón as mais certas que poder. Feita na Ponte de Miño dia e era sobreditos. Testemuñas: Don García Fernández (prior de Caaveiro); Ares Pardo, Pero Eanes (Maiordomo de Fernán Pérez); Pero de Esteiro, Pero López (Criado de Fernán Pérez) testemuñas. Eu Pero Gonzalvez, notario de Ponte de Miño polo dito Fernán Pérez de Andrade, presente fun e escribín e poño esta sinal tal.
(*) 1377, Decembro, 14 Ponte de Miño Fernando Pérez de Andrade dóalle a dona Sancha, a súa sobriña, o couto de Felmil. Madrid, Archivo Histórico Nacional, Carp. 1332 F/24, perg. orbe, galega, gótica cursiva, 200x210 mm.
Descarga da  transcrición:
(*) As datas escritas en documentos da Alta Idade Media difiren da actual (-38).
Bibliografía Portela Silva, María Xosé. Documentos da Catedral de Lugo século XIV. Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Transcrito e contextualizado ó galego por Suso Pena.
VOLVER
Actualizado: novembro 2023
Mapa da web
BUSCAR:
caldaloba@caldaloba.es
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Contacto: caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba

Caldaloba: Carta de Fernando

Pérez de Andrade

Transcrición da carta ó galego:
Era de mil catrocentos quince anos, catorce días de decembro. Saiban cantos esta carta vexan como eu Fernán Pérez de Andrade dou e outorgo en pura doazón o mellor e máis cumpridamente que pode e de dereito debe valer entre vivos por dereito de herdade para sempre a vós Dona Sancha, miña sobriña, muller de Alfonso López de Saavedra, o couto de Felmil con todos os outros bens e herdanzas e freguesías, e coutos e señoríos que foron de Gonzalo Méndez de Saavedra, e con todo o señorío alto e baixo e lugares e posesións meros e místicos, segundo que de dereito pertencen e debe pertencer ó señorío dos ditos coutos, segundo que os Gonzalo Méndez de Saavedra, que foi, tráxica e usaba e para súa ao tempo do seu finamento, e  naquela maneira e polas condicións e cada unha delas que se conteñen na carta e privilexio porque me deu e entregou a min meu señor o Rei Don Enrique, que Deus o manteña moitos tempos e bos, e os ditos bens e herdanzas e coutos e señoríos do dito Gonzalo Méndez, e deles me fixo gracias e mercé. O cal couto é o seu signo de Santiago do dito lugar, e cerca do meu castelo de Vila Iohan, e os outros son Riba de Miño en terra e comarcas de Saavedra. Esta doazón e agasallo e vos dou e outorgo, como dito é, porque sodes miña sobriña, filla de miña irmá, e me servistes e andastes polo meu mandato, e hoxe é día das cales cousas me temo por ben servido de vós, e é miña vontade de vos dar por iso galardón, e logo por esta presente carta vos poño e entrego no dereito e posesión e propiedade dos ditos coutos e señoríos deles para sempre, como dito é, e mándovolo entrar pola vosa autoridade, e facer del e de parte del como voso propio. E se por ventura eu, ou alguén por min, aquí en adiante usase ou posuíse os ditos coutos e lugares dalgunha maneira coñezo e outorgo que o uso e posesión por vós, a dita Dona Sancha, é en voso nome precario. Outro si prometo e outorgo de non ir nin revogar nalgún tempo a dita doazón e agasallo que así vos dou, nin parte dela, por san nin ira que vos haxa, nin por razón de ingratitude nin por outra maneira algunha. E para así gardar e ter e non ir contra iso, nin contra parte diso, fago xuramento sobre o sinal da cruz, que tanto corporalmente coas miñas mans, en presenza do notario e testemuñas desta carta, e que deles sexades certa roguei e mandei a Pero Gonzalves, notario público da Ponte de Miño, que faga disto esta carta ou cartas as que vos compre sobre esta razón as máis certas que poder. Feita na Ponte de Miño día e era sobreditos. Testemuñas: Don García Fernández (prior de Caaveiro); Ares Pardo, Pero Eanes (Mordomo de Fernán Pérez); Pero de Esteiro, Pero López (Criado de Fernán Pérez) testemuñas. Eu Pero Gonzálvez, notario de Ponte de Miño polo dito Fernán Pérez de Andrade, presente fun e escribín e poño este sinal tal.
(*) 1377, Decembro, 14 Ponte de Miño Fernando Pérez de Andrade dóalle a dona Sancha, a súa sobriña, o couto de Felmil. Madrid, Archivo Histórico Nacional, Carp. 1332 F/24, perg. orbe, galega, gótica cursiva, 200x210 mm.
(*) Algunhas datas escritas en documentos da Idade Media difiren da actual (-38).
Descarga da  transcrición:
Bibliografía Portela Silva, María Xosé. Documentos da Catedral de Lugo século XIV. Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Transcrito e contextualizado ó galego por Jesús Pena.
Actualizado: novembro 2023
VOLVER
Mapa da web
BUSCAR:
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
O contido deste sitio web www.caldaloba.es está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International