Ubicación
O castelo do Caldaloba ou
Vilaxoán, atópase no lugar da
Rabadá (O Mato) da parroquia de
San Martiño de Pino, do concello
de Cospeito, na provincia de Lugo.
Segundo
a
obra
de
Vázquez
Seijas,
D.
Manuel,
1958
“Fortalezas
de
Lugo
y
Provincia”,
o
castelo
descansa
sobre
unha
rocha
cortada
a
pico
polo
seu
ángulo
N.E;
polo
E.
forma
un
pronunciado
declive,
e
polo
S.O.
e
N.O.,
catro
profundos
fosos
defensivos
constituídos
por
montículos
de
terra
de
ampla
base,
a
modo
de
cabalete,
cunha
profundidade de 8 a 10 metros e cun ancho de 5 a 6 metros, servíndolle de firme e poderosa defensa.
A
torre
é
de
forma
cadrada,
de
aproximadamente
10,20
metros
de
ancho
e
duns
25
metros
de
altura
cun
espesor
aproximado
das
paredes
de
2,65
metros.
Constaba
de
4
plantas,
unha
porta
de
entrada
de
arco
de
medio
punto
de
3
metros
de
altura
e
1,10
metros
de
ancho,
unha
ventá
no
primeiro
andar
de
arco
combado
enmarcada
en
granito
e
dúas
saeteras
con
abertura
estreita
de
forma
vertical
situadas
no
segundo
e
terceiro
andar.
D
o alto da torre aínda se poden observar algúns restos das almeas máis da cheminea polo seu ángulo S.O.
Vázquez Seijas, D. Manuel. 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”.