Logotipo Caldaloba
Historia
San Martiño de Pino
Cultura
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International

Pódeche interesar:

O nome “VILAXOÁN” na historia Sobre o ano 1128 (século XII) nas escrituras inéditas "Adefonsus Rex VII Eclessiasticas" (Diocese Mindoniense) cítase a primeira referencia histórica sobre a parroquia de Pino e o coto de Vilaxoán: “Sanctus Martinus de Pino cum Villa Johanne”. No mesmo escrito, e facendo referencia ó reparto de parroquias entre o bispo de Mondoñedo e o conde Rodrigo Vélaz, tamén se cita a Ponte de Porto: “In terra vero Montenigro per aquam de Guada ad impronum. Per Portum de Buzacanes. Per Pontem de Porto. Per aquam de Vincenti infesto...). No ano 1377 (século XIV), Dº. Fernán Pérez Andrade (O Boo) nunha carta dirixida á súa sobriña, cita de forma íntegra o castelo de Vilaxoán (Caldaloba) da seguinte forma: “...por que sodes mina sobrina, filla de mina yrmaa... Et o couto he su signo de Santiago do dito lugar et he acerca do meu Castelo de Vila Iohan.” Xa no século XVI, no preito de Tabera- Fonseca, varias testemuñas declararon que se salvaran tres fortalezas de ser derrocadas polos irmandiños: “...Pambre e Castroverde e Vilajoan”; “...Castroverde, Vila Joan e Pambre...”. Villa Johanne Vila Iohan Vilajoan / Vila Joan Vilaxoán Castelo de Vilaxoán~Caldaloba non foi obxectivo dos Irmandiños Tras a vitoria irmandiña, o obxectivo principal destes fixouse na demolición das fortalezas (baixo ese nome enténdese calquera construción defensiva: castelo, torre, cidadela…). Segundo o licenciado Molina o número de fortalezas demolidas en Galicia ascendía a cento trinta; Vasco de Aponte afirmaba que se “derrocaron cuantas fortalezas había en Galicia menos Pambre”; pero varias testemuñas do preito Tavera-Fonseca, engadiron á lista de fortalezas non derrocadas, a parte da de Pambre, as fortalezas de Castroverde e Vilaxoán. Cid Rumbao cre que tampouco se derribaron as de Allariz, Castro Caldelas nin a de Sarria. Jorge Rouco Collazo na súa obra “Las funciones de una fortaleza bajomedieval: el caso de Pambre” analiza como a fonte máis próxima á rebelión son as “Bienandanzas e Fortunas” de Lope García de Salazar, que unha lista das fortalezas derrocadas polos irmandiños, que xunto co preito de Tavera- Fonseca, considera excluídas do derribo polos irmandiños as fortalezas de Pambre, Castroverde, Vilaxoán e Andrade. Cabe destacar tamén a cita que Edward Cooper na súa obra “Castillos Señoriales en la Corona de Castilla” (1991, editado pola Consejería de Educación y Cultura, Castilla y León), afirmando tamén o feito de que foi unha fortaleza non derrocada polos irmandiños, e que sufriu posteriormente o asedio por parte do gobernador de Galicia Fernando de Acuña ante a resistencia de Fernán Arias Saavedra (ano 1484). As lendas do castelo de Vilaxoán (Caldaloba) Son catro as lendas populares as que percorren dende tempos ancestrais o Castelo de Caldaloba. A lenda máis popular é a da doncela de Caldaloba, que se converteu nunha loba branca tras rexeitar casamento cun nobre por mor de namorarse dun plebeo que era o ferreiro e gaiteiro do pobo. Outra das lendas máis coñecidas polo entorno, é o do túnel que comunica o Castelo coa fonte do Reás, sistema de refuxio e de emboscadas cos inimigos. Unha terceira lenda moi común na xente dos arredores, é a da serpe voadora que atemorizaba o pobo e que vagaba polo castelo, á que finalmente deu morte D. Gabriel Montenegro, un cabaleiro do pazo de Caldaloba o que no seu escudo de armas plasmou unha M coroado cunha serpe. Por último, afíncase unha lenda do cabaleiro dourado, unha peza de ouro que figuraba nun “cabaleiro montado no seu cabalo” e que segundo a lenda, estaría soterrada nalgunha paraxe dos arredores do castelo. O castelo de Vilaxoán~Caldaloba no século XV O 12 de Marzo do ano 1403, o Duque de Arjona D. Fadrique Enríquez de Castro comprou a Juan Freire de Andrade as fortalezas de “Vilaxoán e San Marugo” cos cotos de Cilapere, San Xurxo de Goá, S. de Narla, Pedrafita, Stª de Vilamaior e Ullán. Trala estrepitosa caída do Duque a quen se lle fixo culpable de toda clase de delitos, a Coroa decretou de inmediato a incautación dos seus bens. Ante isto, Fadrique decidiu repartilos segundo a súa propia vontade, polo que deixou a García de Castro os lugares de Navia e Burón, os foros do obispado de Mondoñedo, así como as fortalezas de Villaxoán, Samarugo e Montenegro, xunto co resto de todas as terras que Don Fadrique comprou a Juan Freire de Andrade. Mención a “VILA IOHAN” (Vilaxoán ~ Caldaloba) A primeira mención ao Castelo de Vilaxoán (Caldaloba) aparece a mediados do século XIV, onde Enrique Enríquez aparece como dono, sucedendo a súa filla Leonor Enríquez que casou con D. Fernando de Castro, o que lle foron confiscados todos os seus bens e entregados aos Andrade. O 14 de decembro de 1377, Don Fernán Pérez de Andrade (O Boo) fixo unha carta de doazón a súa sobriña do coto de Felmil, situando dito coto nas proximidades do seu “Castelo de Vila Iohan”: “...por que sodes mina sobrina, filla de mina yrmaa...” coto de Felmil “...Et o couto he su signo de Santiago do dito lugar et he acerca do meu Castelo de Vila Iohan.” Carta dos Reis Católicos sobre o castelo de Vilaxoán Carta dos Reis Católicos (D. Fernando e Isabel) do 16 de Agosto do ano 1484, escrita polo Secretario Álvarez de Toledo e dirixida a D. Diego López de Haro (Gobernador de Galicia) para que se procedera a venta dos bens de D. Fernán Ares, coa finalidade de sufragar os gastos orixinados polo asedio ao Castelo de Vilaxoán (Eduardo Lence-Santar y Guitián, ob. cit. pag.81). Segundo a obra de Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”, esta carta foi lida na praza das “Cortiñas” en Lugo (11 de xuño do ano 1485) polo pregoeiro da cidade, Alfonso Domínguez. Entre os bens postos en venta, non figuraban nin a Torre de Vilaxoán nin o coto de Mato, pero si as freguesías de San Juan de Lagostelle, San Mamed de Nodar, o Coto de Cela, Arcillá, Carral, Bóveda, Santalla, etc A cuestión da orientación do castelo de Vilaxoán Na antigüidade, os templos dispoñianse cunha orientación cara o leste predefinida co fin de aproveitar a saída do sol. Máis tarde, tralo Concilio de Nicea estableceuse que fosen as cabeceiras dos templos os que se orientasen deste xeito cara ó leste. Moitas igrexas, catedrais e monumentos medievais seguen este patrón pero cunha certa desviación, que según os expertos, débese a amplitude angular entre os solsticios. Neste artigo, móstrase a orientación do castelo de Vilaxoán, a súa desviación e simulación angular cos solsticios.
TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán)
Logotipo de Caldaloba
San Martiño de Pino
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
decembro 2025
O nome “VILAXOÁN” na historia Sobre o ano 1128 (século XII) nas escrituras inéditas "Adefonsus Rex VII Eclessiasticas" (Diocese Mindoniense) cítase a primeira referencia histórica sobre a parroquia de Pino e o coto de Vilaxoán: “Sanctus Martinus de Pino cum Villa Johanne”. No mesmo escrito, e facendo referencia ó reparto de parroquias entre o bispo de Mondoñedo e o conde Rodrigo Vélaz, tamén se cita a Ponte de Porto: “In terra vero Montenigro per aquam de Guada ad impronum. Per Portum de Buzacanes. Per Pontem de Porto. Per aquam de Vincenti infesto...). No ano 1377 (século XIV), Dº. Fernán Pérez Andrade (O Boo) nunha carta dirixida á súa sobriña, cita de forma íntegra o castelo de Vilaxoán (Caldaloba) da seguinte forma: “...por que sodes mina sobrina, filla de mina yrmaa... Et o couto he su signo de Santiago do dito lugar et he acerca do meu Castelo de Vila Iohan.” Xa no século XVI, no preito de Tabera-Fonseca, varias testemuñas declararon que se salvaran tres fortalezas de ser derrocadas polos irmandiños: “...Pambre e Castroverde e Vilajoan”; “...Castroverde, Vila Joan e Pambre...”. Villa Johanne Vila Iohan Vilajoan / Vila Joan Vilaxoán Castelo de Vilaxoán~Caldaloba non foi obxectivo dos Irmandiños Tras a vitoria irmandiña, o obxectivo principal destes fixouse na demolición das fortalezas (baixo ese nome enténdese calquera construción defensiva: castelo, torre, cidadela…). Segundo o licenciado Molina o número de fortalezas demolidas en Galicia ascendía a cento trinta; Vasco de Aponte afirmaba que se “derrocaron cuantas fortalezas había en Galicia menos Pambre”; pero varias testemuñas do preito Tavera- Fonseca, engadiron á lista de fortalezas non derrocadas, a parte da de Pambre, as fortalezas de Castroverde e Vilaxoán. Cid Rumbao cre que tampouco se derribaron as de Allariz, Castro Caldelas nin a de Sarria. Jorge Rouco Collazo na súa obra “Las funciones de una fortaleza bajomedieval: el caso de Pambre” analiza como a fonte máis próxima á rebelión son as “Bienandanzas e Fortunas” de Lope García de Salazar, que unha lista das fortalezas derrocadas polos irmandiños, que xunto co preito de Tavera-Fonseca, considera excluídas do derribo polos irmandiños as fortalezas de Pambre, Castroverde, Vilaxoán e Andrade. Cabe destacar tamén a cita que Edward Cooper na súa obra “Castillos Señoriales en la Corona de Castilla” (1991, editado pola Consejería de Educación y Cultura, Castilla y León), afirmando tamén o feito de que foi unha fortaleza non derrocada polos irmandiños, e que sufriu posteriormente o asedio por parte do gobernador de Galicia Fernando de Acuña ante a resistencia de Fernán Arias Saavedra (ano 1484). As lendas do castelo de Vilaxoán (Caldaloba) Son catro as lendas populares as que percorren dende tempos ancestrais o Castelo de Caldaloba. A lenda máis popular é a da doncela de Caldaloba, que se converteu nunha loba branca tras rexeitar casamento cun nobre por mor de namorarse dun plebeo que era o ferreiro e gaiteiro do pobo. Outra das lendas máis coñecidas polo entorno, é o do túnel que comunica o Castelo coa fonte do Reás, sistema de refuxio e de emboscadas cos inimigos. Unha terceira lenda moi común na xente dos arredores, é a da serpe voadora que atemorizaba o pobo e que vagaba polo castelo, á que finalmente deu morte D. Gabriel Montenegro, un cabaleiro do pazo de Caldaloba o que no seu escudo de armas plasmou unha M coroado cunha serpe. Por último, afíncase unha lenda do cabaleiro dourado, unha peza de ouro que figuraba nun “cabaleiro montado no seu cabalo” e que segundo a lenda, estaría soterrada nalgunha paraxe dos arredores do castelo. O castelo de Vilaxoán~Caldaloba no século XV O 12 de Marzo do ano 1403, o Duque de Arjona D. Fadrique Enríquez de Castro comprou a Juan Freire de Andrade as fortalezas de “Vilaxoán e San Marugo” cos cotos de Cilapere, San Xurxo de Goá, S. de Narla, Pedrafita, Stª de Vilamaior e Ullán. Trala estrepitosa caída do Duque a quen se lle fixo culpable de toda clase de delitos, a Coroa decretou de inmediato a incautación dos seus bens. Ante isto, Fadrique decidiu repartilos segundo a súa propia vontade, polo que deixou a García de Castro os lugares de Navia e Burón, os foros do obispado de Mondoñedo, así como as fortalezas de Villaxoán, Samarugo e Montenegro, xunto co resto de todas as terras que Don Fadrique comprou a Juan Freire de Andrade. Mención a “VILA IOHAN” (Vilaxoán ~ Caldaloba) A primeira mención ao Castelo de Vilaxoán (Caldaloba) aparece a mediados do século XIV, onde Enrique Enríquez aparece como dono, sucedendo a súa filla Leonor Enríquez que casou con D. Fernando de Castro, o que lle foron confiscados todos os seus bens e entregados aos Andrade. O 14 de decembro de 1377, Don Fernán Pérez de Andrade (O Boo) fixo unha carta de doazón a súa sobriña do coto de Felmil, situando dito coto nas proximidades do seu “Castelo de Vila Iohan”: “...por que sodes mina sobrina, filla de mina yrmaa...” coto de Felmil “...Et o couto he su signo de Santiago do dito lugar et he acerca do meu Castelo de Vila Iohan.” Carta dos Reis Católicos sobre o castelo de Vilaxoán Carta dos Reis Católicos (D. Fernando e Isabel) do 16 de Agosto do ano 1484, escrita polo Secretario Álvarez de Toledo e dirixida a D. Diego López de Haro (Gobernador de Galicia) para que se procedera a venta dos bens de D. Fernán Ares, coa finalidade de sufragar os gastos orixinados polo asedio ao Castelo de Vilaxoán (Eduardo Lence-Santar y Guitián, ob. cit. pag.81). Segundo a obra de Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia”, esta carta foi lida na praza das “Cortiñas” en Lugo (11 de xuño do ano 1485) polo pregoeiro da cidade, Alfonso Domínguez. Entre os bens postos en venta, non figuraban nin a Torre de Vilaxoán nin o coto de Mato, pero si as freguesías de San Juan de Lagostelle, San Mamed de Nodar, o Coto de Cela, Arcillá, Carral, Bóveda, Santalla, etc A cuestión da orientación do castelo de Vilaxoán Na antigüidade, os templos dispoñianse cunha orientación cara o leste predefinida co fin de aproveitar a saída do sol. Máis tarde, tralo Concilio de Nicea estableceuse que fosen as cabeceiras dos templos os que se orientasen deste xeito cara ó leste. Moitas igrexas, catedrais e monumentos medievais seguen este patrón pero cunha certa desviación, que según os expertos, débese a amplitude angular entre os solsticios. Neste artigo, móstrase a orientación do castelo de Vilaxoán, a súa desviación e simulación angular cos solsticios.
TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán)
Historia
Cultura

Pódeche interesar: