HISTORIA DO CASTELO DE VILAXOÁN (CALDALOBA)
Actualizado: setembro 2024
Segundo
a
obra
de
Vázquez
Seijas,
D.
Manuel,
1958
“Fortalezas
de
Lugo
y
Provincia”,
a
primeira
referencia
histórica
sobre
o
castelo
de
Vilaxoán
aparece
a
mediados
do
século
XIV,
no
que
se
sinala
a
D.
Enrique
Enríquez
como
dono
da
fortaleza.
Sucedeulle
a
súa
filla
Dª
Leonor
Enríquez,
casada
co
seu
primo
D.
Fernando
de
Castro,
ao
que
lles
foron
confiscados
os
seus
bens (incluída a torre de Vilaxoán) e entregados aos Andrade.
Nos
primeiros
anos
do
século
XV
(con
anterioridade
ao
ano
1423),
o
castelo
foi
vendido
por
D.
Juan
Freire
de
Andrade
ao
Conde
D.
Fadrique
Enríquez
de
Castro
y
Castilla
(Duque
de
Arjona),
segundo
o
testamento
deste
Conde
(ano
1425)
pasou
ao seu primo D. García de Castro e posteriormente a súa irmá Dª. Beatriz de Castro (Condesa de Lemos e Sarria).
A
mediados
do
século
XV,
o
Rei
D.
Juan
II
de
Castela
premiou
os
servizos
de
Alonso
Pérez
de
Vivero
mediante
unha
real
cédula
outorgándolle
as
feiras
de
San
Xoán
e
San
Martín
(Viveiro),
adquiriu
a
xurisdición
de
Galdo
e
foi
señor
tamén,
do
señorío
de
Vilaxoán.
O
seu
fillo
e
sucesor,
D.
Juan
de
Vivero
(I
Vizconde
de
Altamira)
mediante
cláusula
do
morgado
do
seu
pai
(19
de
decembro
de
1482)
foi
señor
dos
castelos
de
Vilaxoán
e
Samarugo,
da
vila
de
Viveiro,
as
freguesías
de
Galdo
e
Xuances, Santo Estevo do Vale, San Miguel das Negradas e as Ribeiras do Sor, cos termos, vasalos e xurisdicións.
D.
Juan
de
Vivero
que
defendía
a
causa
dos
Reis
Católicos,
tomou
parte
activa
contra
o
novo
Rei
de
Castela,
D.
Enrique
IV,
o
cal,
por
tal
motivo,
destituíuno
do
señorío
de
Viveiro
e
investiu
no
seu
lugar
ó
seu
garda
e
fiel
vasalo,
o
Mariscal
Pedro
Pardo de Cela.
Este
Mariscal
contou
con
numerosas
rendas
e
vasalos,
sumando
ás
súas
numerosas
fortalezas
o
castelo
de
Vilaxoán.
Entre
as
principais
destacaron
as
seguintes:
Castelo
de
Alfoz,
Frouxeira,
Santa
Cruz
de
Castro
de
Oro,
Sobrado
de
Aguiar,
Vilamaior,
Mirabeti,
Penadreda,
etc…
e
as
torres
e
casas
fortes
de
Samarugo,
Barreira,
Valmayor,
Santa
María
de
Saavedra,
Muras, Burgo, Magdalena de Vilalba, Mondoñedo, etc…
Trala
morte
do
Rei
Enrique
IV
(1474)
e
a
posterior
entrada
dos
Reis
Católicos,
o
Mariscal
D.
Pedro
Pardo
de
Cela
e
o
seu
fillo
foron
decapitados
na
Praza
Maior
de
Mondoñedo
o
17
de
decembro
do
ano
1483
baixo
a
orde
de
Fernando
de
Acuña
(primeiro
Gobernador
de
Galicia).
Tras
este
suceso,
aconsellaron
a
súa
filla
Dª
Constanza
de
Castro
e
o
seu
marido
que
se
fosen
a
Vilaxoán
(que
segundo
algúns
historiadores,
tiveron
que
asaltalo
para
despois
sublevarse
en
vinganza
contra
os
Reis Católicos e as pretensións de don Juan de Vivero).
Foi
por
tanto,
no
castelo
de
Vilaxoán,
onde
Dª
Constanza
de
Castro
máis
o
seu
marido
D.
Fernán
Ares
de
Saavedra
se
fixeron
fortes
ante
o
Gobernador
de
Galicia
(D.
Diego
López
de
Haro)
debido
ao
axustizamento
do
Mariscal
e
pai
de
Dª
Constanza.
Segundo
o
escritor
e
historiador
López
Ferreiro,
por
mor
do
longo
tempo
de
resistencia
no
Castelo,
a
auga
do
alxibe
acabou
podrecendo
e
levando
á
morte
de
parte
dos
sitiados,
entre
eles,
de
Dª.
Constanza
de
Castro.
Tamén
argumenta
López
Ferreiro,
que
saíron
ilesos
do
asedio
e
se
renderon
finalmente
D.
Fernán
Ares
xunto
con
tres
soldados,
do
que
o
Gobernador
de
Galicia
lle
confiscou
todos
os
bens
e
condenou
a
D.
Fernán
Ares
a
pena
de
morte,
anque
finalmente
obtivo
a
liberdade
mais
unha
parte
dos
seus
bens
grazas
á
mediación
de
D.
Diego
de
Andrade
e
D.
Álvaro
González
de
Ribadeneira.
Finalmente,
D.
Fernán
Ares
serviu
con
lealdade
aos
Reis
Católicos
e
participou
incluso
na
conquista
de
Málaga.
(*Ver a variante do historiador Vasco de Aponte).
O
16
de
agosto
de
1484,
os
Reis
Católicos
segundo
carta
en
Córdoba
escrita
polo
Secretario
Álvarez
de
Toledo
e
dirixida
ao
Gobernador
de
Galicia
D.
Diego
López
de
Haro,
pedía
que
se
procedese
á
venda
dos
bens
de
D.
Fernán
Ares
co
fin
de
sufragar os gastos orixinados no cerco do castelo de Vilaxoán (*
ver carta
).
O
11
de
xuño
do
ano
1485
procedeuse
a
lectura
da
carta
da
venda
dos
bens
de
D.
Fernán
Ares,
na
praza
das
Cortiñas
en
Lugo
polo
escribán
da
Cámara
e
notario
público
da
Corte
D.
Alonso
Álvaro
de
Toledo.
Nos
días
sucesivos
fixéronse
pregóns
ata que que o 11 de xullo foron adxudicados os bens a D. Álvaro González de Ribadeneira.
O
19
de
xuño
de
1493,
os
Reis
Católicos
ordenaron
a
devolución
da
fortaleza
de
Vilaxoán
ó
Vizconde
de
Altamira,
considerando que foi secuestrada xunto cos seus bens nos anos oitenta.
No
ano
1646
aparece
como
dono
do
castelo
de
Vilaxoán
D.
Álvaro
Pérez
de
Vivero,
Conde
de
Fuensaldaña
e
Vizconde
de
Altamira.
Posteriormente,
no
ano
1699,
por
escritura
outorgada
en
Mondoñedo
ante
o
cóengo
da
catedral
co
poder
de
D.
Marcos
Fernández
Manrique
de
Lara
(Conde
de
Fuensaldaña
e
Montehermoso,
Vizconde
de
Altamira,
señor
das
merindades
de
Vilaxoán
e
Galdo)
aforou
a
Esteban
Douteiro
o
coto
do
Mato
en
San
Martiño
de
Pino
(“…por
tres
vidas
de
señores
reyes
de
España
y
40
años
más
y
por
el
cánon
de
seis
fanegas
de
centeno
y
dos
de
trigo,
varios
bienes
en
dicho
coto, entre ellos diez y seis fanegas de monte alrededor de la fortaleza”).
No
ano
1775
os
Condes
de
Fuensaldaña
venderon
a
D.
Gabriel
Mª
Montenegro
(señor
do
pazo
de
Caldaloba)
as
pedras
dos
refugallos
para
facer
un
cárcere,
e
o
23
de
xullo
do
ano
1851
D.
Pascual
López
Villapol
y
Benavides
(apoderado
do
Excmo.
Señor
Nicolás
Pérez
Osorio
Espínola
y
Benavides,
Marqués
de
Alcañices
e
Conde
de
Fuensaldaña)
aforou
de
novo
a
fortaleza
de
Vilaxoán
xunto
coas
leiras
dos
arredores
e
outras
terras
a
D.
Luís
Vázquez
Rúa
na
cantidade
de
320
reais
de
vellón.
Finalmente,
o
5
de
xullo
de
1857
vendeuse
o
castelo
con
porción
de
curro
de
pasto
do
arredor
por
D.
Vicente
Cancelo
maila
súa
esposa
Dª
Josefa
de
Otero
a
D.
José
Díaz
(de
Vilalba),
anque
con
posteridade
a
esta
data,
o
19
de
decembro
de
1858
adquiriuna
en
virtude
de
retracto,
o
pai
de
Daniel
Vázquez
Rúa,
cura
de
Xoibán,
deixándolle
este
en
virtude
de
permuta
a
súa irmán Dª Antonia
.
- Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia” (TOMO II, TOMO VI).
Variante de Vasco de Aponte sobre o asedio
“…
y
desde
que
casó
(Fernán
Ares)
con
Dª
Constanza,
su
tía;
porque
el
Gobernador
D.
Fernando
de
Acuña
degollara
a
D.
Pedro
Pardo,
su
padre
de
ella,
consejáronle
que
furtase
a
Villajuán
y
que
obedeciesen
al
Rey,
y
así
se
fizo:
vínole
a
cercar
el
Gobernador
Diego
López
de
Haro
un
año
poco
más
o
menos,
y
porque
le
secó
el
pozo
del
agua,
entrose
de
agua
llovediza
y
pudriose
todo
de
manera
que
todos
adolescieron,
y
la
señora
falleció
dentro,
y
Fernán
Ares
que
también
adolesció,
fué
ferido
de
una
piedra
de
trabuco,
y
a
él
y
otros
tres
hombres
sanos
los
prendieron,
y
ajusticiaran
si
no
los
valiera
Diego
de
Andrade
y
Álvaro
González,
y
por
las
cartas
que
se
hicieron
entre
el
Gobernador
y
Diego
de
Andrade,
y
Álvaro
González,
partieron
toda
su
hacienda
en
tercias,
y
Diego
de
Andrade
luego
le
dió
su
parte,
y
lo
remedió,
y
el
Rey
le
aseguró
la
vida,
porque
le
servió
en
lo
de
Málaga,
mas
nunca
le
quiso
ver,
y
fuese
para
el
Obispo
de
Oviedo,
y
después
se
vino
para
Castilla
y
fabló
con
el
Conde
de
Altamira
D.
Rodrigo
Osorio
de
Moscoso,
al
cuál
dexó
por
cumplidor
a
su
fallecimiento
y
le
recomendó
a
su
hija,
y
el
Conde
porque
ella
fuese
entregada
en
toda
la
facenda
de
su
padre,
le
trató
casamiento
con
un
fillo
de
Álvaro
González,
y
ainsi
se
fizo
y
poco
le
faltó
de
haber
dado
lo
de
su
padre,
y
grande
hombre
fora
Álvaro
González
si fuera un hijo solo”.
- Casa de Paraga- Vicetto. “Historia de Galicia” Ap. pág. 414.
Maio 2021, Suso Pena
Compartir en:
Pódeche interesar: