Contacto:
caldaloba@caldaloba.es
Patrimonio arquitectónico de San Martiño de Pino
Actualizado: setembro 2023
Inventario artístico da parroquia de San Martiño de Pino (Lugo)
O
libro
“Inventario
artístico
de
Lugo
y
su
Provincia”
editado
polo
Centro
Nacional
de
Información
Artística,
Arqueología
y
Etnografía
(Madrid,
1983),
recolleu
e
inventariou
todas
aquelas
facetas
de
interese
artístico,
prehistótico
e
etnográfico
das
vilas
de
toda
a
provincia.
Velaquí
a
da
parroquia de San Martiño de Pino:
PINO. COSPEITO
A
torre
de
Caldaloba
foi
vendida
no
comezo
do
século
XV
por
Don
Juan
Freire
de
Andrade
ó
Conde
D.
Fadrique
Enríquez
de
Castro.
O
famoso
mariscal
Pardo
de
Cela
foi
dono
da
dita
fortaleza
a
causa
do
seu
matrimonio
con
Dª
Isabel
de
Castro
y
Osorio.
Figura
entre
as
que
foron
derruídas
pola
furia
dos
irmandiños,
anque
os
desperfectos
non
deberon
ser
grandes
(estudos
recentes
do
preito
Tabera-Fonseca
varias
testemuñas
afirmaron
que
non
se
derrocaran
tres
fortalezas,
entre
elas
a
de
Vilaxoán,
na
actualiadade
chamada
Caldaloba
,
ver
cita:
irmandiños
).
IGREXA PARROQUIAL
O
edificio
sufriu
en
épocas
moi
recentes
reformas
importantes,
que
alteraron
substancialmente
a
planta
e
os
alzados.
Era
igrexa
de
refuxio
e
actualmente
presenta
forma
de
cruz
latina
co
aditamento
da
sacristía
pola
parte
da
cabeceira.
Campanario de dous vanos aos pés, muros de pedra e cemento, a cuberta de madeira e tellado de lousa.
Na
fachada
da
capela
maior,
un
Cristo
de
tres
clavos
e
rizada
cabeleira
e
un
San
Martiño,
o
titular,
éste
do
século
XVII.
Esculturas da Inmaculada, 0,63, e un San Martiño, 0,60, século XVIII.
SANCRISTÍA
:
Cáliz
de
prata,
liso,
con
inscrición:
DIOME
A
LA
IGLESIA
DE
SAN
PEDRO
DE
SEIXAS
BARTOLOMÉ
DÍAZ
DE
PRADO
AÑO
1675.
Otro
cáliz
de
plata,
liso,
inscripción:
POR
EL
CVRA
DN.
JOSÉ
MA.PRADO,
HEVMA.
Copón
de
prata
liso,
século XVIII, e dous candelabros de bronce. Custodia de prata, tipo sol, punzón PECVL/REVº.
Cruceiro no atrio, con importatntes deterioros, construído no ano 1872.
CASTELO DE CALDALOBA
Unicamente
se
conserva
a
torre,
protexida
por
varios
fosos
e
pola
conformación
do
terreo
en
declive.
É
de
planta
cadrada
con
10,18
por
cada
lado,
muros
de
lousa,
algún
cachote
de
granito
e
altura
aproximada
25
metros.
Consta
de
catro
plantas,
que
se
aprecian
nos
parámetros
interiores.
O
ángulo
do
nacente
está
bastante
deteriorado
cara
á
parte
alta.
Modillóns
de
sustentación
no
alto,
arranque
de
arcos
formeiros,
restos
de
cheminea,
porta
de
medio
punto
no
lenzo meridional e unha ventá de arco rebaixado.
PAZO DE CALDALOBA
Consta
de
dúas
partes
claramente
diferenciadas
debido
á
época
diversa
nas
que
foron
construídas.
Na
parte
máis
antiga
aparece
o
M
coroado
dos
Montenegro,
sobre
o
que
serpentea
a
cobra
encantada
do
castelo.
Na
parte
máis
recente,
balcón
cuberto
con
balaustrada
de
pedra
e
arcos
rebaixados,
século
XVIII.
Nunha
das
estancias
consérvase
un
moble
arquivo
con
escudo
pintado,
no
que
figuran
doce
cuarteis
e
a
inscrición:
VI
LOS
VALIENTES
TEMPLARIOS/BATALLAR
EN
CLARO DIA/ Y A LOS FREIRES SUS CONTRARIOS / DE SUS VILLAS PROPIETARIOS / TRAER EL AVE MARÍA.
CAPELA
:
de
planta
rectangular,
9,43
x
6,25,
adosada,
con
nave
e
prebisterio
separados
por
arco
triunfal
de
molduraxe
refundida
e
astrágalo.
Bóveda
de
canón
na
capela
maior
e
coa
cuberta
de
madeira
na
nave.
Muros
de
pedra,
teito
de
lousa
a
catro
vertentes
e
campanil
dun
só
van
sobre
fachada.
No
frontal,
un
escudo
de
granito,
partrido,
coroado
de
venera;
nos
cantóns,
o
M
coroado
e
un
crecente
acompañado
de
cinco
luceiros.
No
arco
triunfal
pódese
ler
a
data
da
súa construción: século XVIII.
CAPELA DE GOLDEIROS
Edificio
rectangular,
6,39
x
4,56,
coa
cuberta
de
madeira
a
dúas
vertentes,
muros
de
pedra,
teito
de
lousa
a
campanil
aos pés.
No
altar,
un
cadro
de
madeira
no
que
figura
un
relevo
das
Dolores,
con
marco
moi
ornamentado,
século
XVIII.
escultura
de
San
Antonio
de
Padua,
0,52,
século
XIX.
Estatuíllas
de
San
Gregorio,
0,10,
y
San
Juan,
0,10,
século
XVIII.
Sacra
con
auténtica de reliquia, século XVIII. Cáliz prata liso, punzón VA/RELA.
CAPELA DE SAN RQOUE
Edificio rectangular, 10,11 x 4,90, con muros de pedra, pavimento de cemento,
coa cuberta de madeira e tellado de lousa. Campanil dun só van aos pés.
Retablo de estípites, 2,41, con esculturas populares de Santiago, 0,69, e san Sebastián,
0,52, século XVII; San Roque de impoñer, 0,34, e San Roque das procesións,
0,80, repintado, século XVIII. Pila de auga bendita en forma de capitel primitivo.
PREHISTORIA E ETNOGRAFÍA
O
castro
chamado
Teixeiro.
As
Medorras
de
Míllara
e
lugares
da
Modia,
Castro,
Cubelo
e
Sumeiro.
Sitio
da
Torre.
Na
casa
de
Broz
houbo
capela
e
outra
que
existe
en
Penalba,
ademais
da
chamada
de
San
Isidro
no
barrio
do
Monte,
con
tallas
moi rústicas de san Isidro, 0,61, e Santa María da Cabeza, 0,34, ademais dun retablillo moi tosco. NRC.
Suso Pena
Setembro 2022
Bibliografía
VALIÑA SAMPEDRO, ELÍAS. Inventario artístico de Lugo y su provincia (1865)
Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Compartir en:
Pódeche interesar:
En construción
En construción