Logotipo Caldaloba
Historia
San Martiño de Pino
Cultura
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International

Pódeche interesar:

TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán)
HISTORIA DO PAZO DE CALDALOBA
Linaxes no Pazo de Caldaloba
LINAXE SAAVEDRA: As primeiras referencias históricas sobre pazo de Caldaloba datan do século XV, onde aparece Dª Aldonza Vázquez de Lobera como “Señora propietaria de palacio y fortaleza Da Caldeloba” [1]. Dª Aldonza casou con D. Ruy Díaz de Saavedra y Aguiar (estímase entre os anos 1450 e 1474) e tivo un fillo e sucesor, D. Alonso López Saavedra y Aguiar, que casou con Dª María Fernández Bolaños (filla de Fernando Díaz de Rivadeneira e María Pimentel) [1,9]. Extracto da obra de Luis Vilar y Pascual. Diccionario Histórico, Genealógico y Heráldico de Las Familias Ilustres de La Monarquía Española (1859) [2]
Extracto da obra Luis Vilay y Pascual sobre o Pazo de Caldaloba.
Blasón dos Saavedra. Pazo de Caldaloba.
A partir de aquí, continuaron os Saavedra sobre o Pazo de Caldaloba ata mediadios de século XVI, “Rico-homes” poderosos de Galicia que foron propietarios de cuantiosos soares, coutos, xurisdicións, patronatos e fortalezas. De entre todos eles, cabría destacar a figura de D. Gómez Arias de Saavedra, quen reedificou a fortaleza e palacio de Taboy e que casou con Dª Sancha Vázquez de Andrade (señora de Espiñarido), filla de Pedro Pardo de Andrade (Betanzos) e de Dª Sancha Vázquez de Bahamonde.
Extracto da obra de Fernando Saavedra sobre a orixe do Pazo de Caldaloba
Extracto da obra de Fernando Saavedra Rivadeneira (1679) [3]
Blasón dos Saavedra
LINAXE SANJURJO Y MONTENEGRO: A mediados do século XVI, aparece como señor de Caldaloba D. Fernán Sanjurjo de Montenegro y Saavedra (alcumado El Viejo, † 1545), escudeiro de acostamento da Casa de Andrade, que serviu a Fernán Pérez o Mozo e foi rexedor da vila de Vilalba, señor da casa Soar dos Montenegro de San Pedro das Seixas, e señor dos coutos de Mato do Pino e Cochín. Fundou vínculo de Villamartín en 1535 e casou con María de Andrade, tendo por fillos a D. Pedro e a D. Ruy Sanxurxo Montenegro e Andrade. [4] Sobre o ano 1575 aparece como dono do pazo de Caldaloba D. Ruy Díaz de Sanjurjo y Montenegro, testando neste ano ante Lope Capón e vinculando entre varios lugares o lugar de Caldaloba, ordenando unhas misas na igrexa de Vilalba (misa cantada e dúas rezadas o día de San Xoán, ou na súa oitava, na Igrexa de Vilalba). Estivo casado con Dª Teresa Fernández de Camba (da casa Moreda, de Taboada). Sucedeuno o seu fillo D. Gregorio Díaz de Sanjurjo Montenegro, casado con Dª Isabel de Taboada y Correa, filla de Ares Conde de Taboada. Fixo mellora de terzo e quinto no seu fillo maior, o 3 de decembro de 1596. [4] No século XVII hai varias e claras evidencias sobre a sucesión e propiedade do pazo de Caldaloba, tal é o caso de D. Rodrigo Díaz de Sanjurjo y Montenegro (fillo e sucesor de D. Gregorio) quen fundou o vínculo da casa e coto de Caldaloba. Aparece empadroado como nobre en 1618 e 1622 no coto de San Julián de Támoga, cabeza dos partidos e behetrías de Mato e de Felín, señor dos coutos de Moreda, Támoga e Taboy. Testou o 7 de agosto de 1621, ante o escribán Antonio López Moro, e foi veciño do couto do Mato, e mandou que o soterrasen no coro da igrexa de San Martiño de Pino, donde xacían a súa muller e algúns dos seus fillos. Estivo casado con D.ª Isabel Montenegro y Ladrón de Guevara, e tiveron dous fillos, D. Rodrigo Montenegro y D. Gregorio Sanjurjo Montenegro. No seu citado testamento, institúe o vínculo da casa e couto de Caldaloba, mandando os seus sucesores que casasen con mulleres nobres, agregando o vínculo ó instituído polo seu avó. Con anterioridade, tivo amores coa súa ama Catalina Díaz da Fraga, deixando desta por fillos a Gregorio Montenegro (casado con Dª Andrea de Sotomayor) e Dª María Montenegro (casada con Gabriel Maseda) [1, 4]. LINAXE MONTENEGRO Y CAMBA: Neste século XVII deu comezo esta nova linaxe, cando aparece como dono do Pazo de Caldaloba o seu fillo e sucesor D. Rodrigo de Montenegro y Camba, que casou con D.ª Leonor da Barreira Montenegro (Sta. María da Torre, Vilalba, dotada polo seu irmán Pedro López da Barreira, com.º do Santo Oficio, en 1633, dona da casa soar de Pedrouzos, da freguesía de Santa María da Torre), con cuxo matrimonio quedaron unidas esta casa e a de Caldaloba [4]. Cabe destacar, que anos depois herdou Caldaloba a sua sobriña neta Dª Luisa Montenegro (casada con D. Rodrigo Montenegro, de Pedrouzos).[5]. Sobre o ano 1654 aparece como dono do pazo de Caldaloba D. Pedro Montenegro Ladrón de Guevara Camba y Rodeyro, (sobriño de D. Rodrigo Montenegro y Camba), señor tamén das xurisdiccións de Moreda,Támoga e Taboy [3]. Anos despois, herdou o pazo de Caldaloba D. Alonso de Montenegro y Camba citado en varios padróns da colleita (en 1682 fundou o mairorazgo de Pedrouzos). Casou con D.ª Lucía Montenegro Ribadeneira, de San Martiño de Belesar (Vilalba) e tivo por fillos a D. Rodrigo e Dª. Francisca Montenegro Ribadeneira. Figura que foi bautizado en Stª María da Torre (Vilalba), e foi veciño e soterrado finalmente na igrexa de San Martiño de Pino (Cospeito) [4]. No ano 1675 aparece empadroado como nobre o seu fillo e sucesor D. Rodrigo de Montenegro y Camba (O Ribadeneira) da liña da casa de Pedrouzos [5]. D. Rodrigo (o Ribadeneira) foi declarado nobre no ano 1675 pola xurisdición de Vilalba, foi señor de Moreda e demais xurisdicións e casas susoditas. Casou coa súa prima segunda D.ª Luísa de Sanjurjo Montenegro (ou de Montenegro e Maseda, noemada anteriormente, filla de D. Rodrigo Montenegro González, sobriña de Dº Rodrigo de Montenegro y Camba, que xa herdara o pazo de Caldaloba). D. Rodrigo (o Ribadeneira) levantou unha ermida nas inmediacións de Caldaloba, obtendo licenza para a súa beizón no ano 1689, e debeu falecer a finais de agosto ou primeiros de setembro de 1702. Tivo por fillos a D. Rodrigo Antonio (sucesor), D. Francisco, D. Gregorio e D. Fernando Montenegro y Camba (ou Ribadeneira) [4, 5]. A parte do sucesor D. Rodrigo que falaremos a continuación, coñécense alguns feitos dalgúns dos outros irmáns como é o caso de: • De D. Fernando Montenegro, bautizado en San Martiño de Pino o 30 de Maio de 1689, e que presentou probas de limpeza de sangue para ingresar no colexio de Fonseca de Santiago de Compostela no ano 1708 [6]. • De D. Francisco Montenegro, cabe destacar que obtivo varias reais provisións da Real Chancelería de Valladolid en 1702, defendendo a fidalguía dos seus maiores, con cuxos datos se trazou a presente xenealoxía, facéndose informacións de fidalguía na freiguesía de Lanzós e couto de Támoga [4]. D. Rodrigo Antonio Montenegro y Camba foi Señor da Casa de Caldaloba, Capitán da Infantaría Española, e figura que foi bautizado a primeiros de xaneiro de 1680, recibindo as aguas bautismais na freguesía de San Martín de Pino. Aparece empadroado como nobre en 1737, as escrituras chámanlle dono do couto de Fraiz, das xurisdicións de Támoga e de Moreda, da Casa de Caldaloba, e veciño da freguesía de San Martiño de Pino (antigo couto de Vilaxoán). Viviu na súa casa de Pedrouzos e foi veciño de Sta. María da Torre, tal como figura no seu testamento do 5 de xullo de 1726, ante Francisco Durán, escribán de Vilalba. Edificou a capela de Pedrouzos (ás veces Pedrancos), fundando seis misas anuais e perpetuas no seu testamento. Contraeu matrimonio con D.ª Josefa Agustina de Ron y Ginzo Rodil y Tovar (dona do couto de Barreiros, na antiga provincia de Mondoñedo e concello de Miranda) [4]. Cabe destacar que o 10 de xuño de 1760, D. Rodrigo Antonio, dono da xurisdición de Támoga e Fraiz, fixo unha representación na Diputación de Lugo, a cal nesta data serviu segregar o couto do Mato dos de Gaibor e Illán, e volveu a incorporalos á xurisdición de Támoga, no tocante a sorteos, goberno e servizo militar [4]. LINAXE MONTENEGRO RODIL Y RON No ano 1765 figura como dono do pazo de Caldaloba o herdeiro e sucesor de D. Rodrigo, o seu fillo D. Gabriel Antonio Montenegro Rodil y Ron, dono tamen das xurisdiccións de Támoga, Fraiz, Barreiros, Loureiro e Paradela (sobre o ano 1782 en varios escritos ainda figuraba como señor de Támoga). Neste mesmo ano, no 1765, obtivo licenza para trasladar a súa capela de Pedrouzos a un lugar máis decente. Un fito moi relevante na historia, tivo lugar o 8 de agosto de 17475, cando no seu favor rematouse en 600 reais de vellón, por ante Miguel Silva, escribán de Vilalba, a pedra dos refugallos, barbacás, foxos e contrafoxos da fortaleza de Vilaxoán, por un factor do Conde de Fuensaldaña, marqués de Alcañices y Montaos. Uniuse en matrimonio con D.ª Josefa de Rois Luaces y Yebra, de aí que o escudo da capela leva as Armas dos Montenegro e dos Luaces [Fig.1] fixando desta forma as armas familiatres no seu escudo, nunha metade a M coroada dos Sanjurjo Montenegro e na outra metade un crecente acompañado de cinco estrelas dos Luaces. O seu sucesor e herdeiro foi o seu fillo D. Antonio María Montenegro y Rois, que casou en agosto de 1777 con Dª María Marta de Auz Saavedra y Montenegro (señora da Pesqueira de Xustás, en Cospeito, filla do capitán D. Andrés Fernández de Auz). A D. Antonio sucedeulle a súa filla Dª María Manuela Montenegro y Auz, que casou con D. Juan Neira Feijoo Gayoso y Montenegro (da casa de Olga en Pol). No 1836 aparece como apoderado de Caldaloba, dono e veciño da casa de Olga (Pol), D. Ramón Neira Montenegro (fillo de D. Juan Neira e Dª María). Foi fidalgo e político galego, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi alcalde de Lugo. Integrado na Unión Liberal, foi elixido deputado a Cortes por Lugo en 1837, 1839 e 1840, polo distrito da Fonsagrada en 1850 e novamente polo distrito de Lugo en 1858 e 1865 [7]. Casou con Dª. Ramona Gayoso Ulloa e tivero un fillo, D. Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo en setembro de 1932. D. Dosieto foi tamén fidalgo e político galego coma seu pai (foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia, deputado provincial, senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910, vencellado o diario "El Progreso") [7]. No tocante o pazo de Caldaloba, herdouno D. Juan Neira Gayoso, fillo de D. Dosieto e Purificación Pedrosa Ulloa, e posteriormente, foron donos proindiviso do Pazo de Caldaloba os seus fillos D. Juán, Dª Aurora, Dª Sara, Dª Ángeles y Dº Antonio Neira. Finalmente o pazo foi vendido, e pasou a mans privada ata a actualidade.
Blasóns dos Montenegro y Camba Basóns dos Montenegro y Rois
Blasóns dos Sanjurjo y Montenegro. Pazo de Caldaloba
Blasóns dos Sanjurjo y Montenegro
Segundo a obra de D. Manuel Vazquez Seijas [1], a menos dun kilómetro do castelo de Vilaxoán atópase a casa señorial de Caldaloba, que debeu de ser construída en dúas épocas, aparecendo na actualidade formando ángulo entre as dúas partes. Consta de planta baixa e principal, e a parte más antiga ten na súa fachada un escudo de armas dun so cuartel coa M coroada dos Montenegro e sobre ela, unha serpe. Segundo a lenda, esta foi a serpe encatanda do castelo a quen deu morte coa súa espada D. Gabriel Antonio Montenegro, señor do Pazo de Caldaloba. Casa señorial de Caldaloba [1] Escudo de armas coa M coroada dos Montenegro e a serpe [1] Na outra parte ten un airoso balcón cuberto con balaustrada de pedra de granito, e adosada a este, encóntrase a capela de estilo barroco cun arco toral de medio punto. Na fachada desta capela aparece outro escudo totalmente labrado en duas partes [fig.1], coa M coroada dos Montenegro nunha delas, e na outra metade a lúa en cuarto crecente e cinco estrelas dos Luaces (pertence a cando mudou a capela no ano 1766 o seu dono D. Gabriel Antonio Montenegro y Ron que casou con Dª Josefa de Rois y Luaces). No salón principal existiu un armario destinado a arquivo, no que había un escudo pintado en cores con doce cuarteis [Fig.2], de tres en tres, nos que se representaban as armas dos Camba, Ribadeneira, Aguiar, Andrade, Taboada, Montenegro, Ron, Valcarce, Luaces, Bermúdez, Yebra, Bolaño e Rois (o último cuartel está vacío). Ao fondo había unha inscripción [fig. 3]. Fig.1. Escudo da capela coas Fig.2. Escudo cos doce cuarteis. Fig. 3. Inscrición que figura na armas dos Montenegro e Luaces. Arquivo persoal de Ramón Neira [8]. sala principal. D. Manuel Vázquez Seijas tamén argumenta que é moi común confundir que os donos do pazo de Caldaloba tamén o foron do castelo de Vilaxoán (alcumado na actualidade tamén como Caldaloba), e que esta afirmación está completamente errada [1]. Tras unha ardua e laboriosa investigación, a continuación analízanse as linaxes das que se ten constancia sobre o Pazo de Caldaloba, linaxes que se remontan o século XV :
Casa señorial de Caldaloba
Escudos de armas Montenegro en Caldaloba
Escudo Montenegro e Luaces. Pazo de Caldaloba.
Escudo Pazo de Caldaloba por Ramón Neira.
Bibiografía: • [1] VÁZQUEZ SEIJAS, M., op. cit. IDEM, Fortalezas de Lugo y su provincia (Notas arqueológicas, históricas y genealógicas), t. I, Lugo, 1955. • [2] Vilar y Pascual, Luis, y Juan José Vilar Psayla. Diccionario histórico, genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española comprende los orígenes de los apellidos ó linajes de las familias de esta Nación... / escrito por Luis Vilar y Pascual. S.l: [s.n.], 1859. Web. • [3] Saavedra Rivadeneira y Aguiar Pardo de Figueroa, F., Ochoa, F. de, Astor, D. de, Laureano, J., Baños de Velasco y Acevedo, J., Carlos II, & Fernando III. (1674). Memorial al Rey N. Señor, en que se recopila, adiciona y representa quanto los coronistas y autores han escrito ... de la casa de Saauedra ... de su primitivo solar y estados en el reyno de Galicia ... de sus poseedores, cabeças y parientes mayores, continuada desde los primeros siglos de su más antigua fundación, hasta el presente / por don Fernando de Saauedra Riuadeneyra y Aguiar Pardo de Figueroa, XXXIII sucessor ... en la Imprenta Real de Francisco de Ochoa, en la calle de Abenamar. • [4] Crespo Pozo, J. S. (1957). Blasones y linajes de Galicia / por José Santiago Crespo Pozo. Bibliófilos Gallegos. • [5] https://xenealoxia.org/ . "Investigando a historia familiar en Galicia • [6] Antonio FRAGUAS FRAGUAS, Los colegiales de Fonseca, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1958 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 12). • [7] Ramón Neira Montenegro (17 de agosto de 2024). En Galipedia. https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Neira_Montenegro • [8] Arquivo persoal de Ramón Neira. Agradecementos polo seu interese e colaboración coa aportación documental para a recuperación da historia sobre os elementos patrimonias da parroquia de San Martiño de Pino. • [9] Cuadernos de estudios gallegos, Volumen 22, partes 66-68. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1967.
S. XVII
Blasóns dos Montenegro y Camba
Blasóns dos Montenegro y Rois
S. XVI S. XV S. XVIII S. XIX S. XX - ACTUALIDADE

Liña do tempo do Pazo de Caldaloba:

Decembro 2025, Suso Pena

Compartir en:

VI LOS VALIENTES TEMPLARIOS BATALLAR EN CLARO DIA Y A LOS FREIRES SU CONTRARIOS DE SUS VILLAS PROPIETARIOS TRAER EL AVE MARIA
Logotipo de Caldaloba
San Martiño de Pino
Galería
Licencia Creative Commons
Fontes de Vilaxoán por Jesús Pena se distribuye bajo una Licencia Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.
Basada en una obra en http://www.caldaloba.es.
Información mantida e publicada en internet por www.caldaloba.es O contido deste sitio está baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International
decembro 2025

Pódeche interesar:

HISTORIA DO PAZO DE CALDALOBA
TRANSCRICIÓNS  LER MÁIS Transcricións de textos antigos do castelo e da parroquia de Pino. A HISTORIA EN DIAPOSITIVAS LER MÁIS Historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán) en diapositivas. LIÑA HISTÓRICA DO CASTELO LER MÁIS Liña interactiva da historia do castelo de Caldaloba (Vilaxoán)
Segundo a obra de D. Manuel Vazquez Seijas [1], a menos dun kilómetro do castelo de Vilaxoán atópase a casa señorial de Caldaloba, que debeu de ser construída en dúas épocas, aparecendo na actualidade formando ángulo entre as dúas partes. Consta de planta baixa e principal, e a parte más antiga ten na súa fachada un escudo de armas dun so cuartel coa M coroada dos Montenegro e sobre ela, unha serpe. Segundo a lenda, esta foi a serpe encatanda do castelo a quen deu morte coa súa espada D. Gabriel Antonio Montenegro, señor do Pazo de Caldaloba. Casa señorial de Caldaloba [1] Escudo de armas coa M coroada dos Montenegro e a serpe Na outra parte ten un airoso balcón cuberto con balaustrada de pedra de granito, e adosada a este, encóntrase a capela de estilo barroco cun arco toral de medio punto. Na fachada desta capela aparece outro escudo totalmente labrado en duas partes [fig.1], coa M coroada dos Montenegro nunha delas, e na outra metade a lúa en cuarto crecente e cinco estrelas dos Luaces (pertence a cando mudou a capela no ano 1766 o seu dono D. Gabriel Antonio Montenegro y Ron que casou con Dª Josefa de Rois y Luaces). No salón principal existiu un armario destinado a arquivo, no que había un escudo pintado en cores con doce cuarteis [Fig.2], de tres en tres, nos que se representaban as armas dos Camba, Ribadeneira, Aguiar, Andrade, Taboada, Montenegro, Ron, Valcarce, Luaces, Bermúdez, Yebra, Bolaño e Rois (o último cuartel está vacío). Ao fondo había unha inscripción [fig. 3]. D. Manuel Vázquez Seijas tamén argumenta que é moi común confundir que os donos do pazo de Caldaloba tamén o foron do castelo de Vilaxoán (alcumado na actualidade tamén como Caldaloba), e que esta afirmación está completamente errada [1]. Tras unha ardua e laboriosa investigación, a continuación analízanse as linaxes das que se ten constancia sobre o Pazo de Caldaloba, linaxes que se remontan o século XV :
Casa señorial de Caldaloba
Escudos de armas Montenegro en Caldaloba
Escudo Montenegro e Luaces. Pazo de Caldaloba. Escudo Pazo de Caldaloba por Ramón Neira.
Fig.1. Escudo da capela coas armas dos Montenegro e Luaces.
Fig.2. Escudo cos doce cuarteis. Arquivo persoal de Ramón Neira [8].
Fig. 3. Inscrición que figura na sala principal.
Linaxes no Pazo de Caldaloba S. XV
LINAXE SAAVEDRA: As primeiras referencias históricas sobre pazo de Caldaloba datan do século XV, onde aparece Dª Aldonza Vázquez de Lobera como “Señora propietaria de palacio y fortaleza Da Caldeloba” [1]. Dª Aldonza casou con D. Ruy Díaz de Saavedra y Aguiar (estímase entre os anos 1450 e 1474) e tivo un fillo e sucesor, D. Alonso López Saavedra y Aguiar, que casou con Dª María Fernández Bolaños (filla de Fernando Díaz de Rivadeneira e María Pimentel) [1,9]. Extracto da obra de Luis Vilar y Pascual. Diccionario Histórico, Genealógico y Heráldico de Las Familias Ilustres de La Monarquía Española (1859) [2]
Blasón dos Saavedra. Pazo de Caldaloba.
Blasón dos Saavedra
Extracto da obra Luis Vilay y Pascual sobre o Pazo de Caldaloba.
A partir de aquí, continuaron os Saavedra sobre o Pazo de Caldaloba ata mediadios de século XVI, “Rico-homes” poderosos de Galicia que foron propietarios de cuantiosos soares, coutos, xurisdicións, patronatos e fortalezas. De entre todos eles, cabría destacar a figura de D. Gómez Arias de Saavedra, quen reedificou a fortaleza e palacio de Taboy e que casou con Dª Sancha Vázquez de Andrade (señora de Espiñarido), filla de Pedro Pardo de Andrade (Betanzos) e de Dª Sancha Vázquez de Bahamonde.
Extracto da obra de Fernando Saavedra sobre a orixe do Pazo de Caldaloba
Extracto da obra de Fernando Saavedra Rivadeneira (1679) [3]
S. XVI
LINAXE SANJURJO Y MONTENEGRO: A mediados do século XVI, aparece como señor de Caldaloba D. Fernán Sanjurjo de Montenegro y Saavedra (alcumado El Viejo, † 1545), escudeiro de acostamento da Casa de Andrade, que serviu a Fernán Pérez o Mozo e foi rexedor da vila de Vilalba, señor da casa Soar dos Montenegro de San Pedro das Seixas, e señor dos coutos de Mato do Pino e Cochín. Fundou vínculo de Villamartín en 1535 e casou con María de Andrade, tendo por fillos a D. Pedro e a D. Ruy Sanxurxo Montenegro e Andrade. [4] Sobre o ano 1575 aparece como dono do pazo de Caldaloba D. Ruy Díaz de Sanjurjo y Montenegro, testando neste ano ante Lope Capón e vinculando entre varios lugares o lugar de Caldaloba, ordenando unhas misas na igrexa de Vilalba (misa cantada e dúas rezadas o día de San Xoán, ou na súa oitava, na Igrexa de Vilalba). Estivo casado con Dª Teresa Fernández de Camba (da casa Moreda, de Taboada). Sucedeuno o seu fillo D. Gregorio Díaz de Sanjurjo Montenegro, casado con Dª Isabel de Taboada y Correa, filla de Ares Conde de Taboada. Fixo mellora de terzo e quinto no seu fillo maior, o 3 de decembro de 1596. [4] No século XVII hai varias e claras evidencias sobre a sucesión e propiedade do pazo de Caldaloba, tal é o caso de D. Rodrigo Díaz de Sanjurjo y Montenegro (fillo e sucesor de D. Gregorio) quen fundou o vínculo da casa e coto de Caldaloba. Aparece empadroado como nobre en 1618 e 1622 no coto de San Julián de Támoga, cabeza dos partidos e behetrías de Mato e de Felín, señor dos coutos de Moreda, Támoga e Taboy. Testou o 7 de agosto de 1621, ante o escribán Antonio López Moro, e foi veciño do couto do Mato, e mandou que o soterrasen no coro da igrexa de San Martiño de Pino, donde xacían a súa muller e algúns dos seus fillos. Estivo casado con D.ª Isabel Montenegro y Ladrón de Guevara, e tiveron dous fillos, D. Rodrigo Montenegro y D. Gregorio Sanjurjo Montenegro. No seu citado testamento, institúe o vínculo da casa e couto de Caldaloba, mandando os seus sucesores que casasen con mulleres nobres, agregando o vínculo ó instituído polo seu avó. Con anterioridade, tivo amores coa súa ama Catalina Díaz da Fraga, deixando desta por fillos a Gregorio Montenegro (casado con Dª Andrea de Sotomayor) e Dª María Montenegro (casada con Gabriel Maseda) [1, 4]. LINAXE MONTENEGRO Y CAMBA: Neste século XVII deu comezo esta nova linaxe, cando aparece como dono do Pazo de Caldaloba o seu fillo e sucesor D. Rodrigo de Montenegro y Camba, que casou con D.ª Leonor da Barreira Montenegro (Sta. María da Torre, Vilalba, dotada polo seu irmán Pedro López da Barreira, com.º do Santo Oficio, en 1633, dona da casa soar de Pedrouzos, da freguesía de Santa María da Torre), con cuxo matrimonio quedaron unidas esta casa e a de Caldaloba [4]. Cabe destacar, que anos depois herdou Caldaloba a sua sobriña neta Dª Luisa Montenegro (casada con D. Rodrigo Montenegro, de Pedrouzos).[5]. Sobre o ano 1654 aparece como dono do pazo de Caldaloba D. Pedro Montenegro Ladrón de Guevara Camba y Rodeyro, (sobriño de D. Rodrigo Montenegro y Camba), señor tamén das xurisdiccións de Moreda,Támoga e Taboy [3]. Anos despois, herdou o pazo de Caldaloba D. Alonso de Montenegro y Camba citado en varios padróns da colleita (en 1682 fundou o mairorazgo de Pedrouzos). Casou con D.ª Lucía Montenegro Ribadeneira, de San Martiño de Belesar (Vilalba) e tivo por fillos a D. Rodrigo e Dª. Francisca Montenegro Ribadeneira. Figura que foi bautizado en Stª María da Torre (Vilalba), e foi veciño e soterrado finalmente na igrexa de San Martiño de Pino (Cospeito) [4]. No ano 1675 aparece empadroado como nobre o seu fillo e sucesor D. Rodrigo de Montenegro y Camba (O Ribadeneira) da liña da casa de Pedrouzos [5]. D. Rodrigo (o Ribadeneira) foi declarado nobre no ano 1675 pola xurisdición de Vilalba, foi señor de Moreda e demais xurisdicións e casas susoditas. Casou coa súa prima segunda D.ª Luísa de Sanjurjo Montenegro (ou de Montenegro e Maseda, noemada anteriormente, filla de D. Rodrigo Montenegro González, sobriña de Dº Rodrigo de Montenegro y Camba, que xa herdara o pazo de Caldaloba). D. Rodrigo (o Ribadeneira) levantou unha ermida nas inmediacións de Caldaloba, obtendo licenza para a súa beizón no ano 1689, e debeu falecer a finais de agosto ou primeiros de setembro de 1702. Tivo por fillos a D. Rodrigo Antonio (sucesor), D. Francisco, D. Gregorio e D. Fernando Montenegro y Camba (ou Ribadeneira) [4, 5]. A parte do sucesor D. Rodrigo que falaremos a continuación, coñécense alguns feitos dalgúns dos outros irmáns como é o caso de: • De D. Fernando Montenegro, bautizado en San Martiño de Pino o 30 de Maio de 1689, e que presentou probas de limpeza de sangue para ingresar no colexio de Fonseca de Santiago de Compostela no ano 1708 [6]. • De D. Francisco Montenegro, cabe destacar que obtivo varias reais provisións da Real Chancelería de Valladolid en 1702, defendendo a fidalguía dos seus maiores, con cuxos datos se trazou a presente xenealoxía, facéndose informacións de fidalguía na freiguesía de Lanzós e couto de Támoga [4]. D. Rodrigo Antonio Montenegro y Camba foi Señor da Casa de Caldaloba, Capitán da Infantaría Española, e figura que foi bautizado a primeiros de xaneiro de 1680, recibindo as aguas bautismais na freguesía de San Martín de Pino. Aparece empadroado como nobre en 1737, as escrituras chámanlle dono do couto de Fraiz, das xurisdicións de Támoga e de Moreda, da Casa de Caldaloba, e veciño da freguesía de San Martiño de Pino (antigo couto de Vilaxoán). Viviu na súa casa de Pedrouzos e foi veciño de Sta. María da Torre, tal como figura no seu testamento do 5 de xullo de 1726, ante Francisco Durán, escribán de Vilalba. Edificou a capela de Pedrouzos (ás veces Pedrancos), fundando seis misas anuais e perpetuas no seu testamento. Contraeu matrimonio con D.ª Josefa Agustina de Ron y Ginzo Rodil y Tovar (dona do couto de Barreiros, na antiga provincia de Mondoñedo e concello de Miranda) [4]. Cabe destacar que o 10 de xuño de 1760, D. Rodrigo Antonio, dono da xurisdición de Támoga e Fraiz, fixo unha representación na Diputación de Lugo, a cal nesta data serviu segregar o couto do Mato dos de Gaibor e Illán, e volveu a incorporalos á xurisdición de Támoga, no tocante a sorteos, goberno e servizo militar [4]. LINAXE MONTENEGRO RODIL Y RON No ano 1765 figura como dono do pazo de Caldaloba o herdeiro e sucesor de D. Rodrigo, o seu fillo D. Gabriel Antonio Montenegro Rodil y Ron, dono tamen das xurisdiccións de Támoga, Fraiz, Barreiros, Loureiro e Paradela (sobre o ano 1782 en varios escritos ainda figuraba como señor de Támoga). Neste mesmo ano, no 1765, obtivo licenza para trasladar a súa capela de Pedrouzos a un lugar máis decente. Un fito moi relevante na historia, tivo lugar o 8 de agosto de 17475, cando no seu favor rematouse en 600 reais de vellón, por ante Miguel Silva, escribán de Vilalba, a pedra dos refugallos, barbacás, foxos e contrafoxos da fortaleza de Vilaxoán, por un factor do Conde de Fuensaldaña, marqués de Alcañices y Montaos. Uniuse en matrimonio con D.ª Josefa de Rois Luaces y Yebra, de aí que o escudo da capela leva as Armas dos Montenegro e dos Luaces [Fig.1] fixando desta forma as armas familiatres no seu escudo, nunha metade a M coroada dos Sanjurjo Montenegro e na outra metade un crecente acompañado de cinco estrelas dos Luaces. O seu sucesor e herdeiro foi o seu fillo D. Antonio María Montenegro y Rois, que casou en agosto de 1777 con Dª María Marta de Auz Saavedra y Montenegro (señora da Pesqueira de Xustás, en Cospeito, filla do capitán D. Andrés Fernández de Auz). A D. Antonio sucedeulle a súa filla Dª María Manuela Montenegro y Auz, que casou con D. Juan Neira Feijoo Gayoso y Montenegro (da casa de Olga en Pol). No 1836 aparece como apoderado de Caldaloba, dono e veciño da casa de Olga (Pol), D. Ramón Neira Montenegro (fillo de D. Juan Neira e Dª María). Foi fidalgo e político galego, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi alcalde de Lugo. Integrado na Unión Liberal, foi elixido deputado a Cortes por Lugo en 1837, 1839 e 1840, polo distrito da Fonsagrada en 1850 e novamente polo distrito de Lugo en 1858 e 1865 [7]. Casou con Dª. Ramona Gayoso Ulloa e tivero un fillo, D. Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo en setembro de 1932. D. Dosieto foi tamén fidalgo e político galego coma seu pai (foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia, deputado provincial, senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910, vencellado o diario "El Progreso") [7]. No tocante o pazo de Caldaloba, herdouno D. Juan Neira Gayoso, fillo de D. Dosieto e Purificación Pedrosa Ulloa, e posteriormente, foron donos proindiviso do Pazo de Caldaloba os seus fillos D. Juán, Dª Aurora, Dª Sara, Dª Ángeles y Dº Antonio Neira. Finalmente o pazo foi vendido, e pasou a mans privada ata a actualidade.
Blasóns dos Montenegro y Camba Basóns dos Montenegro y Rois
Blasóns dos Sanjurjo y Montenegro. Pazo de Caldaloba
Blasóns dos Sanjurjo y Montenegro
S. XVII
Blasóns dos Montenegro y Camba
Blasóns dos Montenegro y Rois
S. XIX S. XX - ACTUALIDADE S. XVIII

Liña do tempo do Pazo de Caldaloba:

Bibiografía: • [1] VÁZQUEZ SEIJAS, M., op. cit. IDEM, Fortalezas de Lugo y su provincia (Notas arqueológicas, históricas y genealógicas), t. I, Lugo, 1955. • [2] Vilar y Pascual, Luis, y Juan José Vilar Psayla. Diccionario histórico, genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española comprende los orígenes de los apellidos ó linajes de las familias de esta Nación... / escrito por Luis Vilar y Pascual. S.l: [s.n.], 1859. Web. • [3] Saavedra Rivadeneira y Aguiar Pardo de Figueroa, F., Ochoa, F. de, Astor, D. de, Laureano, J., Baños de Velasco y Acevedo, J., Carlos II, & Fernando III. (1674). Memorial al Rey N. Señor, en que se recopila, adiciona y representa quanto los coronistas y autores han escrito ... de la casa de Saauedra ... de su primitivo solar y estados en el reyno de Galicia ... de sus poseedores, cabeças y parientes mayores, continuada desde los primeros siglos de su más antigua fundación, hasta el presente / por don Fernando de Saauedra Riuadeneyra y Aguiar Pardo de Figueroa, XXXIII sucessor ... en la Imprenta Real de Francisco de Ochoa, en la calle de Abenamar. • [4] Crespo Pozo, J. S. (1957). Blasones y linajes de Galicia / por José Santiago Crespo Pozo. Bibliófilos Gallegos. • [5] https://xenealoxia.org/ . "Investigando a historia familiar en Galicia • [6] Antonio FRAGUAS FRAGUAS, Los colegiales de Fonseca, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1958 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 12). • [7] Ramón Neira Montenegro (17 de agosto de 2024). En Galipedia. https://gl.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Neira_M ontenegro • [8] Arquivo persoal de Ramón Neira. Agradecementos polo seu interese e colaboración coa aportación documental para a recuperación da historia sobre os elementos patrimonias da parroquia de San Martiño de Pino. • [9] Cuadernos de estudios gallegos, Volumen 22, partes 66-68. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1967.