Cal é a súa orixe?
•
A súa orixe é incerta, anque varios historiadores a sitúan con
anterioridade o século XIV.
•
As primeiras referencias históricas sobre o castelo datan do
século XIV, da familia “Enríquez” [1].
A finais do século XIV os
Enríquez substitúen os Castro
á fronte da casa de Lemos.
Emparentados co novo Rei
Enrique II, adoptan como
emblema o León rampante
enfrontado a un castelo
Páx.
1 de 12
Século XV: as revoltas
•
No século XV, o Rei Juan II de Castela premiou os servizos de
Alonso Pérez de Vivero mediante unha real cédula
outorgándolle varias xurisdicións e o señorío de Vilaxoán [4].
•
O seu fillo e sucesor, D. Juan de Vivero (I Vizconde de
Altamira de Vivero) mediante cláusula do morgado do seu pai
(19 de decembro de 1482) foi señor dos castelos de Vilaxoán
e Samarugo, ademais de varias freguesías, vasalos e
xurisdicións.
•
Un fito importante a mediados deste século foron as revoltas
irmandiñas (1464-1469), anque segundo o preito Tabera-
Fonseca, varias testemuñas (algúns deles irmandiños)
acreditaron que só 3 fortalezas se salvaron de ser
derrocadas; as fortalezas de Castroverde, Pambre e Vilaxoán
[5,6].
•
Páx.
3 de 12
Século XV: as contendas reais
•
D. Juan de Vivero que defendía a causa dos Reis Católicos, tomou parte activa
contra o novo Rei de Castela, D. Enrique IV, o cal, por tal motivo, destituíuno do
señorío de Viveiro e investiu no seu lugar o seu garda e fiel vasalo, o Mariscal
Pedro Pardo de Cela [7].
•
Este Mariscal contou con numerosas rendas e vasalos, sumando ás súas
numerosas fortalezas o castelo de Vilaxoán, que segundo varios estudos, foi
grazas ó seu casamento con Dª Isabel de Castro; tralo enviuvamento do seu
primer esposo (D. Galaor Mosquera) foise vivir co seu tío, o bispo de Mondoñedo
Pedro Enríquez de Castro, que a dotou con moitísimas propiedades, herdades e
beneficios propios da mitra mindoniense, como as fortalezas de Frouseira,
Cendemil, Vilaxoán, Castromor, Penadreda,…[10].
•
Trala morte de Enrique IV (1474) e a posterior entrada dos Reis Católicos, o
Mariscal D. Pedro Pardo de Cela e o seu fillo foron decapitados na Praza Maior de
Mondoñedo o 17 de decembro do ano 1483, baixo a orde de Fernando de Acuña
(primeiro Gobernador de Galicia).
Escudo de Armas do Mariscal
Pardo de Cela. Museo Prov. Lugo.
Páx.
4 de 12
Século XV: o asedio -1-
•
Trala morte do Mariscal, aconsellaron á súa filla Dª Constanza de
Castro e ó seu marido D. Fernán Ares de Saavedra, que se fosen e
resistisen na fortaleza de Vilaxoán.
Recreación 3D, www.caldaloba.es
Páx.
5 de 12
Século XV: o asedio -2-
•
Foi polo tanto, no castelo de Vilaxoán, onde Dª Constanza de
Castro e mais o seu marido D. Fernán Ares de Saavedra se fixeron
fortes ante o Gobernador de Galicia (D. Diego López de Haro).
D. José Villa-Amil y Castro, 1876. Museo
Español de Antigüedades
Páx.
6 de 12
Século XV: o asedio -3-
•
Segundo o escritor e historiador López Ferreiro, por mor do longo
tempo de resistencia no Castelo, preto dun ano, a auga do alxibe
acabou podrecendo e levando á morte de parte dos sitiados, entre
eles, de Dª. Constanza de Castro.
•
Tamén argumenta López Ferreiro, que saíron ilesos do asedio e se
renderon finalmente D. Fernán Ares xunto con tres soldados, polo que
o Gobernador de Galicia lle confiscou todos os bens e condenou a D.
Fernán Ares a pena de morte, anque finalmente obtivo a liberdade e
mais unha parte dos seus bens grazas á mediación de D. Diego de
Andrade e D. Álvaro González de Ribadeneira.
•
Con posterioridade, D. Fernán Ares serviu con lealdade aos Reis
Católicos e participou incluso na conquista de Málaga.
Páx.
7 de 12
Tralo asedio ata o século XIX
•
Carta do 16 de agosto de 1484
(Córdoba) dos Reis Católicos
escrita polo Secretario Álvarez
de Toledo e dirixida ao
Gobernador de Galicia D. Diego
López de Haro, na que pedía que
se procedese á venda dos bens
de D. Fernán Ares co fin de
sufragar os gastos orixinados no
cerco do castelo de Vilaxoán [1].
•
O 11 de xuño do ano 1485
procedeuse á lectura da carta da
venda dos bens de D. Fernán Ares,
na praza das Cortiñas en Lugo polo
escribán da Cámara e notario
público da Corte D. Alonso Álvaro
de Toledo. Nos días sucesivos
fixéronse pregóns ata que o 11 de
xullo foron adxudicados os bens a
D. Álvaro González de
Ribadeneira [1].
Páx.
8 de 12
Tralo asedio ata o século XIX
•
No ano 1491, nas contas da
“irmandade militar” que impuxeron
os Reis Católicos, figura o castelo
de Vilaxoán (Cospeito, Lugo) xunto
con outras fortalezas e igrexas da
contorna, que fixeron mercé do
control deste pago [8].
•
O 19 de xuño de 1493, os Reis
Católicos ordenaron a devolución
da fortaleza de Vilaxoán ó Vizconde
de Altamira, considerando que fora
secuestrada xunto cos seus bens
nos anos oitenta [9].
•
A partir do século XVI, a fortaleza
de Vilaxoán pertence as xeracións
dos “Vizcondes de Altamira de
Vivero-Condes de Fuensaldaña”.
•
No ano 1775 aparece unha carta do
Conde de Fuensaldaña que recolle
a venda das pedras dos refugallos
de Vilaxoán (fosos, contrafosos e
barbacá) a D. Gabriel M.ª
Montenegro (señor do pazo de
Caldaloba) para facer un cárcere.
•
Finalmente, foi aforado polo
Conde de Fuensaldaña á
familia Vázquez Rúa
(23-06-1851).
•
Páx.
9 de 12
Tralo asedio ata o século XIX
Século XV - XIX
Páx.
10 de 12
Tralo asedio ata o século XIX
Bibliografía
- [1] Vázquez Seijas, D. Manuel, 1958 “Fortalezas de Lugo y Provincia” (TOMO II, TOMO VI).
- [2] Lamigueiro, Xosé Lois, 2016 “Relaciones parientales de los Andrade (I). Los Montenegro. Cátedra:
revista eumesa de estudios, ISSN 1133-9608, Nº. 23.
- [3] García Oro, José. “La nobleza gallega en la Baja Edad Media : Las Casas nobles y sus relaciones
estamentales” - Santiago de Compostela, 1981 - XXIII, 418 p., 2 h. : grab., lám. ; 24 cm - Bibliófilos
Gallegos . Biblioteca de Galicia ; v. XX .
- [4] Chao Espinosa, Enrique; Martínez-Risco, Sebastián. “Hechos y trágica muerte de D. Alonso Pérez de
Vivero”. 2019.
- [5] Rodríguez González, Ángel, 1984 “Las Fortalezas de la mitra Compostelana y los Irmandiños pleito
Tabera-Fonseca”.
- [6] Cooper, Edward, 1991 “Castillos Señoriales en la Corona de Castilla”. Universidad de Salamanca.
- [7] Barja Prieto, Alejo, 1966. Publicación xornal El Progreso, “Espíritu Guerrero y ascético”.
- [8] Ladero Quesada, M. Ángel. (2005). “La Hermandad en Galicia. 1490-1498”. Cuadernos De Estudios
Gallegos, 52(118), 239–287.
- [9] Rubio Martínez, Amparo. “Los primeros vizcondes de Altamira en la villa de Viveiro: adquisición y
pérdida de un señorío en el reino de Galicia”.
- [10] González Paz, Carlos Andrés. “O Castelo de Castro de Ouro en Alfoz”. Dep. de Cultura do Concello
de Alfoz.
Páx.
11 de 12