Contacto:
caldaloba@caldaloba.es
Caldaloba: “…yglesia de San Martinno de Pyno…”
1488, febreiro, 19. Santiago.
Instrumento público do xuíz-comisario e subcolector apostólico do reino de Galicia da
"décima" ou subsidio, imposto nos reinos e señoríos de España, con destino á guerra
de Granada, no que se atopan tódalas parroquias do bispado de Mondoñedo, coas
súas igrexas, capelas e mosteiros, incluso aqueles que, radicando fóra da diocese
mindoniense, percibían froitos nesta.
A, papel, caderno de 9 follas útiles e catro en branco,
con selo notarial en seco sobre papel, de 305 x 222 mm. Letra cortesá.
B, papel, caderno, da mesma data, de 10 follas útiles, de 295 x 200 mm. Letra cortesá.
Bibliografía
Pardo, Enrique Cal. Colección diplomática medieval do arquivo da Catedral de Mondoñedo.
Reflectido na “Bibliografía” da web: http://www.caldaloba.es.
Transcrito e contextualizado ó galego por Jesús Pena.