Contacto:
caldaloba@caldaloba.es
Camiños e monumentos antigos
Un castro en Caldaloba??
O
historiador
e
membro
da
Real
Academia
de
Historia
D.
José
Villa-Amil
y
Castro
nun
artigo
publicado
en
agosto
de
1878
no
“Boletín
de
la
Sociedad
Geográfica
de
Madrid”,
baixo
o
nome
de
“Pobladores,
ciudades,
monumentos
y
caminos
antiguos
del norte de la provincia de Lugo” amosa argumentos dun castro nas inmediacións da fortaleza de Vilaxoán (Caldaloba).
Neste
artigo,
o
historiador
describe
a
disposición
que
presentan
algúns
castros
como
os
de
San
Martín
de
Pino
entre
outros,
estendéndose
sobre
uns
350
metros
de
circuíto
e
cos
seus
correspondentes
fosos
e
parapetos
ocultando
as
grosas
murallas
de
cachotaría.
Conclúe
que
moitos
destes
recintos
castrexos
foron
aproveitados
posteriormente
ou
transformados
en
verdadeiras
fortalezas
na
Idade
Media,
expoñendo
como
exemplos
deste
último
caso
as
fortalezas
de
Caldaloba,
Vilalba,
Castro
de
Rei,
Castroverde,...,
e
que
noutros
casos,
unha
maioría,
foron
abandonados
dende
tempos
lonxanos
(onde
menciona
a
outro
castro
da
parroquia
de
Pino,
posiblemente
o
castro
de
Teixeiro
ou
de
San
Vicente,
ambos
os
dous
catalogados na rede de patrimonio).
Cabe
destacar
no
artigo,
que
tamén
dá
cita
ás
fortalezas
que
sobreviviron
na
época
das
revoltas
irmandiñas,
entre
elas,
Caldaloba,
Vilalba,
Castro
de
Rei,
Castroverde
e
Castrodouro.
Algunhas
fortalezas
son
as
que
se
citan
no
famoso
“Pleito
de
Tavera-Fonseca”
analizado
en
detalle
na
web
de
Caldaloba
(
)
,
onde
varias
testemuñas
(algunhas
delas
irmandiños
da
época) mencionan a tres fortalezas non derrocadas pola irmandade: Pambre, Castroverde e Vilaxoán.
Realengo e Abadengo. A toponimia antiga.
No
século
XII
Alfonso
VII
xunto
coa
súa
nai
Dª
Urraca
fixeron
un
reparto
das
parroquias
entre
o
bispo
de
Mondoñedo
Nuño
Alfonso
e
o
conde
Rodrigo
Vélaz,
unha
disputa
sobre
as
súas
respectivas
xurisdicións
(datado
no
ano
1124
e
imposto o 20 de xuño do ano 1128 cando Alfonso VII estaba na corte en Palencia).
Algúns
dos
límites
non
coincidían
cos
nomes
actuais,
tal
foi
o
caso
do
límite
establecido
nas
terras
de
Montenegro.
Varios mapas antigos amosan esta zona como un “límite probable”. O texto latino di:
[…]
In
terra
vero
Montenigro
per
aquam
de
Guada
ad
impronum.
Per
Portum
de
Buzacanes.
Per
Pontem
de
Porto.
Per
aquam
de
Vincenti
infesto.
Per
Gandera
de
Sancto
Pelagio.
Per
Fontem
Frigidum.
Per
aquam
de
Barrazoso
ad
impronum
usque
intrat
in
Ladra.
Ladra
infesto
usque
ad
pontem
de
Nosti,
&
inde
per
castrum
de
Vixil
per
momtem
de Meir de illa parte usque ad Cordal de Parrega.
Baseados
en
estudos
históricos,
transcricións
da
época,
mapas
antigos,
sinálanse
varios
lugares
clave,
nomes
que
nos
axudan a comprender a toponimia antiga;
- Per Portum de Buzacanes (Ponte entre Triabá-Xermar)
- Per Pontem de Porto (Ponte de Porto, S. M. de Pino).
- Per aquam de Vincenti infesto (subida polo rego -aquam- polo Castro de San Vicente -catalogado en patrimonio).
- Per Gandera de Sancto Pelagio (A Granda de San Paio, Xoibán)
- Per Fontem Frigidum (Fontes de Fontefría)
-
Per
aquam
de
Barrazoso
ad
impronum
usque
intrat
in
Ladra
(augas
de
Barrazoso
e
entrada
en
Ladra
-segundo
José
Puentes, a través do rego da Veiga)
Ref:
- España sagrada: theatro geographico-historico de la iglesia de España. Madrid 1747.
- Historia de los caminos, José Puentes: “Muras y Ourol en la documentación”.
- Monumentos y caminos antiguos del norte de la provincia de Lugo, D. José Villamil y Castro, 1878.
-
Colección
diplomática
medieval
do
Arquivo
da
Catedral
de
Mondoñedo,
Enrique
Cal
Pardo,
Consello
da
Cultura
Galega.
Santiago 1999.
Camiños e monumentos antigos
Abril 2021, Jesús Pena
© Autor: Jesús Pena